DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56496

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para reordenar os volumes nunha das parcelas afectadas polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PSIS) de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña), aprobado pola Resolución do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

O pleno do Concello de Boiro en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de marzo de 2023 adoptou entre outros o seguinte acordo:

«…Primeiro. Considerar as alegacións presentadas por Conservas Rianxeira, S.A.U., que recollen o mesmo aproveitamento urbanístico que no proxecto sectorial.

Segundo. Prestar aprobación definitiva ao presente estudo de detalle, formulado, mediante iniciativa particular, por Conservas Rianxeira, S.A.U. e redactado definitivamente por Amancio Losada Vicente con data de sinatura dixital do 1 de marzo de 2023, co obxecto de reordenar os volumes nunha das parcelas afectadas polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PSIS) de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña), aprobado definitivamente pola Resolución do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Terceiro. Dispoñer a publicación do anuncio do acordo de aprobación definitiva do Estudo de Detalle no DOG, con indicación expresa de que o seu contido íntegro estará á disposición do público no Portal de transparencia. Unha vez publicado o anuncio no DOG, o instrumento de planeamento será inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, para o cal remitirase un exemplar dilixenciado polo secretario xeral do concello.

Unha vez recibido o certificado de inscrición no Rexistro do estudo de detalle, procederase á publicación no BOP tal e como prevén os artigos 82 da LSG e 199 e 215 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Cuarto. Notificar o presente acordo á entidade promotora.

Quinto. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible na sede electrónica do Concello de Boiro, así como no Portal de transparencia.

Sexto. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa e que ten o carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigos 10.1.b) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa)».

Boiro, 3 de outubro de 2023

José Ramón Romero García
Alcalde