DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56602

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas.

En sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2023, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da orde de convocatoria.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Presidente do tribunal