DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56627

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022; pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 5 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de setembro de 2023 (DOG núm. 177, do 18 de setembro), modificada pola Resolución do 19 de setembro de 2023 (DOG núm. 181, do 22 de setembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base III.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo terá lugar o día 23 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou doutro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, así como de lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023

Beatriz Ferro Soto
Presidenta do tribunal