DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56634

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se modifica o anexo da Resolución do 29 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).

A base cuarta da Orde do 19 de abril de 2023 (DOG número 86, do 5 de maio), pola que se convoca o proceso de mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, indica que: «O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso. Cando, da documentación que deben presentar tras superar o proceso, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación», e que as persoas aspirantes deben posuír e manter ata a toma de posesión como persoal funcionario no posto adxudicado, comprobada a documentación que consta en poder deste organismo,

RESOLVO:

Modificar o anexo da Resolución do 29 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 3 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade
nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía,
convocado pola Orde do 19 de abril de 2023

NIF cifrado

Nome

Primeiro apelido

Segundo apelido

Causa exclusión

***0722**

Daniel

Bustabad

Santiago

1, 2

***3222**

Carlos

Cancela

Calvo

2

***4630**

Salvatore

De Fusco

Goyanes

2

***6961**

Víctor

Diz

González

2

***3955**

Diego

Negral

Fernández

2

***2453**

Iván

Pérez

Soto

2

***8039**

Juan José

Quiroga

García

2

***8784**

Ángel

Rial

González

1, 2, 3

***5267**

Brais

Roca

Acuña

2

***6239**

Eloy

Vázquez

Cedeira

2

***0761**

Alexander

Vila

Durán

2

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto.

2

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.3.1.g) da convocatoria-certificado.

3

Non acreditar ou non cumprir o establecido no punto 3.3.1.e)-relación de méritos.