DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57072

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 6 de outubro de 2023, do tribunal de selección, polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización das probas escritas das prazas convocadas pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

Mediante a Resolución do 6 de outubro de 2023 acordouse a data, a hora e o lugar de realización das probas escritas das prazas de profesor/a de Hixiene, Dietética e Nutrición (grupo I) e profesor/a de Prácticas do Departamento de Servizos (grupo II), para as persoas admitidas nas listas definitivas (DOG núm. 117, do 21 de xuño de 2023).

A resolución poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia, no enderezo electrónico: https://www.turismo.gal/espazo-institucional

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal de selección