DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 56916

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se publican diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 6 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Examinadas as alegacións presentadas polas persoas aspirantes sobre a listaxe de puntuacións publicadas pola Resolución do 3 de agosto de 2023 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), detectouse un erro na corrección e realizouse unha nova corrección, que afecta a puntuación e, en consecuencia, o número de persoas aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar as novas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal