DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2023 Páx. 57076

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2023 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados pola Resolución do 7 de xuño de 2023 (BOE do 20 de xuño), esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire a Ley orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de outubro de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Nº praza

José Ramón Paramá Gabia

Catedrático de universidade

Linguaxes e sistemas informáticos

Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

23/007

José Pedro Cabalar Fernández

Catedrático de universidade

Ciencia da computación e intelixencia artificial

Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

23/010

Guillermo Iglesias Gómez

Profesor titular de universidade

Economía aplicada

Economía

23/021

María Alló Pazos

Profesora titular de universidade

Fundamentos da análise económica

Economía

23/022