Antecedentes de feito:
Primeiro. O Pleno da Corporación do Concello de Lalín, que tivo lugar o 1 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia (DOG nº 200, do 18 de outubro), acordou a aprobación definitiva do Plan de sectorización e o informe de sustentabilidade ambiental para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase). Coa dita aprobación definitiva decláranse a utilidade pública e o interese social das obras, instalacións e servizos, así como a necesidade de ocupación, para os efectos expropiatorios dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 (4ª fase).
O texto refundido do Plan de sectorización redactouse seguindo as determinacións da Lei 9/2002, modificada pola Lei 15/2004, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Lalín.
Segundo. Co obxectivo de reducir o movemento de terras definido no mencionado plan de sectorización, a superficie de viario para favorecer a viabilidade do polígono, mellorando a súa integración no contorno e capacitar o desenvolvemento da futura urbanización do polígono empresarial por fases, proponse unha modificación do mencionado plan de sectorización.
Esta modificación aprobouse inicialmente con data do 29 de xuño de 2022 (DOG nº 138, do 20 de xullo de 2023), e expúxose ao público por un prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.
O Pleno da Corporación do Concello de Lalín, que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2023 (DOG nº 49, do 10 de marzo), acordou a aprobación definitiva da modificación do Plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial Lalín 2000.
Terceiro. Con data do 8 de xuño de 2005, subscribiuse un convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, o Concello de Lalín (Pontevedra) e a empresa pública Xestur Pontevedra, S.A. para a preparación da 4ª fase do parque empresarial Lalín 2000.
Xestión de Solo de Galicia-Xestur, S.A. (en diante, Xestur Galicia, S.A.), que actúa como promotor do citado parque empresarial, formulou ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase - Pontevedra para a súa tramitación. Na citada expropiación actúa como Administración expropiante o IGVS, en beneficio de Xestur Galicia, S.A., segundo recolle o artigo 5 do Regulamento de expropiación forzosa (Decreto do 26 de abril de 1957).
Cuarto. O día 23 de maio de 2023, Xestur Galicia, S.A. presenta para a súa oportuna tramitación o proxecto de expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase redactado pola empresa Proyestegal, S.L., no cal o IGVS actúa como expropiador da citada actuación.
Quinto. O proxecto, asinado polo perito e polo representante da Administración con data do 28 de setembro de 2023 e do 29 de setembro de 2023, respectivamente, foi informado polo Servizo de Planificación e Ordenación do Solo da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade, con data do 29 de setembro de 2023.
Consideracións legais:
Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase (Pontevedra) iníciase en virtude da antedita aprobación definitiva e de conformidade cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, nos cales establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abarcará todos os bens e dereitos neles incluídos.
Segunda. O IGVS goza de potestade expropiatoria forzosa, en virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.
Terceira. Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016.
Cuarta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; e artigo 290 e seguintes do Decreto 143/2016.
Quinta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas propietarias e a ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación polo IGVS dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase (Pontevedra), e Xestur Galicia, S.A. ten a condición de beneficiaria da expropiación.
Sexta. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.
De conformidade co previsto no artigo 118.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,
ACÓRDASE:
Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque empresarial Lalín 2000 4ª fase (Pontevedra).
Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, os citados proxectos de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Lalín e notificarase ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Igualmente, os expedientes estarán expostos polo prazo dun mes á disposición das persoas interesadas no Concello de Lalín e nas oficinas da Área Provincial do IGVS en Pontevedra, sitas na rúa Alcalde Hevia, 7, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais da páxina web do IGVS, http://igvs.xunta.gal/
Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Área Provincial do IGVS en Pontevedra, no enderezo rúa Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Terceiro. Notificar individualmente as valoracións ás persoas que aparecen como titulares de bens e dereitos nos expedientes, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.
Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, dereitos e titulares.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO I
Relación inicial de bens, dereitos e titulares do proxecto de expropiación
para a execución do Plan de sectorización para a ampliación do parque
empresarial Lalín 2000 4ª fase
Núm. de orde |
Referencia catastral |
Persoas titulares |
Superficie (m²) |
Afección |
1 |
36024A154001290000BF |
Descoñecido |
695,37 |
Total |
2 |
36024A154001290000BF |
José Amadeo Riádigos Bodaño |
658,97 |
Total |
5 |
36024A154001250000BQ |
María Esther López Carral, María Dolores González Granja María Fe Granja González Granja Amalia Barcala Luz (herdeiros de) María Isabel Granja Barcala (herdeiros de) Celia Monserrat Granja Castro Luz Granja Castro María Elena Granja Castro Luis Granja López Manuel Granja López (herdeiros de) Teresa Granja S-S |
700,14 |
Total |
6 |
36024A154001240000BG |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
801,11 |
Total |
7 |
36024A154001230000BY |
Francisco Pérez Donsión |
507,04 |
Total |
8 |
36024A154001220000BB |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
669,49 |
Total |
9 |
36024A154001210000BA |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
503,23 |
Total |
10 |
36024A154001200000BW |
María Ángela Trina Sánchez Varela (herdeiros de) |
7.428,25 |
Total |
11 |
36024A154001180000BA |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
971,35 |
Total |
12 |
36024A154001170000BW |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
611,57 |
Total |
13 |
36024A154001140000BZ |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
448,82 |
Total |
14 |
36024A154001130000BS |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
144,20 |
Total |
15 |
36024A154001120000BE |
Francisco Pérez Donsión |
353,07 |
Total |
16 |
36024A154001110000BJ |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
418,55 |
Total |
17 |
36024A154001150000BU |
Áurea Fernández Gallego (herdeiros de) |
1.018,81 |
Total |
19 |
36024A154001060000BX |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
1.755,56 |
Total |
20 |
36024A154001050000BD |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
998,40 |
Total |
21 |
36024A154001020000BO |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
1.309,28 |
Total |
22 |
36024A154001040000BR |
María Ángela Trina Sánchez Varela (herdeiros de) |
679,03 |
Total |
23 |
36024A154000990000BF |
Áurea Fernández Gallego (herdeiros de) |
2.006,45 |
Total |
24 |
36024A154001090000BE |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
4.471,11 |
Total |
25 |
36024A154000980000BT |
José Ramón Silva Torres Isaura Álvarez Gil |
971,51 |
Total |
26 |
36024A154000970000BL |
María Ángela Trina Sánchez Varela (herdeiros de) |
1.857,50 |
Total |
27 |
36024A154000950000BQ |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
3.974,69 |
Total |
28 |
36024A154001010000BM |
Amalia Pérez Donsión Eudosia Donsión Nogueira |
448,82 |
Total |
29-1 |
36024A154000470000BE |
Manuel Meijome Areán |
1.717,16 |
Total |
29-2 |
36024A154000450000BI |
Luis Otero Areán Marcelina García Pérez |
1.436,02 |
Total |
43 |
36024A154000440000BX |
Manuel Vázquez Pereira |
692,38 |
Total |
46 |
36024A154000380000BK |
María del Pilar Fernández Nacher |
2.698,26 |
Total |
48-49 |
36024A154000360000BM |
José Vilariño Granja María Isabel Vilariño Granja |
985,43 |
Total |
50 |
36024A154000340000BT |
María del Pilar Granja Negro José Luis Granja Negro |
1.291,23 |
Total |
52 |
36024A154000270000BG |
Luz Granja Castro |
735,05 |
Total |
54 |
36024A154000290000BP |
Manuel Areán González |
648,35 |
Total |
55 |
36024A154000310000BQ |
María Rosa López Portas |
707,29 |
Total |
56 |
36024A154000630000BQ |
Nicasio H Blanco Rodríguez |
6.039,82 |
Total |
57 |
36024A154000390000BR |
José Ramón Ferradas Varela Milagros Madriñán Méndez |
3.062,26 |
Total |
60 |
36024A154000500000BE |
María Luz González Ferradas José Antonio González Ferradas Manuel González Ferradas |
653,55 |
Total |
63 |
36024A154002170000BY |
José Luis Crespo Granja |
960,01 |
Total |
64 |
36024A154002160000BB |
Graciela Lamas Diéguez |
960,32 |
Total |
65 |
36024A154000850000BU |
Hortensia Nóvoa Granja |
3.037,06 |
Total |
66-1 |
36024A154000840000BZ |
Manuel Fernández Martínez Diócesis de Lugo |
11.769,47 |
Total |
66-2 |
36024A154000870000BW |
Descoñecido |
2.257,24 |
Total |
67 |
36024A154001830000BH/36024A154001830001ZJ |
Sergio Fernández Saavedra Vidal Amelia Lorenzo Villanueva Melucha |
265,17 |
Parcial |
69-2 |
36024A154000540000BH |
Manuel Presas Enríquez |
931,07 |
Total |
70 |
36024A154000570000BB |
María Elena Haya Roldán Nerea López Haya |
1.940,69 |
Total |
71 |
36024A154000580000BY |
Hortensia Nóvoa Granja |
1.797,28 |
Total |
75 |
36024A154000620000BG |
Hortensia Nóvoa Granja |
1.070,55 |
Total |
77 |
36024A154000800000BI |
Jesús Granja Lamas María del Carmen Granja Lamas María Dolores Pereira Rozas Antonio Vila Castro |
6.565,55 |
Total |
78-79-80-81 |
36024A154000820000BE |
Carmen Fuentes Blanco Antonio Fuentes Blanco José Olivo García Sánchez Carmen Peón Fuentes |
1.683,87 |
Total |
82 |
36024A154000810000BJ |
Luz Granja Castro Celia Monserrat Granja Castro |
2.172,74 |
Total |
83 |
36024A154000740000BR |
María Luz González Ferradas José Antonio González Ferradas Manuel González Ferradas |
6.771,83 |
Total |
84 |
36024A154000650000BL |
Lourdes Nóvoa López Antonio José Nóvoa López |
4.573,72 |
Total |
86 |
36024A153007300000BT |
Flora Fernández Nacher |
3.450,8 |
Total |
89 |
36024A153007240000BQ |
Alfonso Bodaño García |
284,19 |
Total |
90 |
36024A153007230000BG |
Julia Negro Taboada |
505,52 |
Total |
91 |
36024A153007220000BY |
María Celia Crespo Fernández |
461,54 |
Total |
92 |
36024A153007210000BB |
Flora Fernández Nacher |
510,66 |
Total |
93 |
36024A153007200000BA |
Lilia Varela Granja |
542,14 |
Total |
94 |
36024A153007190000BY |
María Elena Haya Roldán Nerea López Haya |
782,77 |
Total |
95 |
36024A153007180000BB |
Celia Monserrat Granja Castro Alfonso Granja Jácome |
802,92 |
Total |
96 |
36024A153007170000BA |
José Riádigos Bodaño (herdeiros de) |
957,37 |
Total |
99 |
36024A153007450000BZ |
Jesús Ferradas Varela |
500,38 |
Total |
100 |
36024A153007460000BU |
José Crespo Negro Élida Faílde Otero |
466,29 |
Total |
102 |
36024A153007480000BW |
Amadeo Luis Rodríguez Riádigos (herdeiros de) Piedad Emérita Hermida González |
200,23 |
Total |
104 |
36024A153007490000BA |
Amadeo Luis Rodríguez Riádigos (herdeiros de) |
3.709,40 |
Total |
107 |
36024A153007390000BJ |
Nicasio H Blanco Rodríguez |
2.965,29 |
Total |
108 |
36024A153007380000BI |
Jesús Granja Lamas María del Carmen Granja Lamas María Dolores Pereira Rozas Antonio Vila Castro |
2.689,74 |
Total |
109 |
36024A153009040000BZ |
Flora Granja González |
1.416,36 |
Total |
110 |
36024A153007370000BX |
Luz Granja Castro Celia Monserrat Granja Castro |
663,98 |
Total |
114 |
36024A153007330000BO |
María Rosa López Portas |
2.317,40 |
Total |
115 |
36024A154000720000BO |
María Luz González Ferradas José Antonio González Ferradas Manuel González Ferradas |
2.300,26 |
Total |
116 |
36024A154000710000BM |
Luz Granja Castro Celia Monserrat Granja Castro María Elena Granja Castro |
699,40 |
Total |
117 |
36024A153007320000BM |
Luz Granja Castro Celia Monserrat Granja Castro María Elena Granja Castro |
351,02 |
Total |
118 |
36024A153007310000BF |
Nicasio H Blanco Rodríguez |
1.713,95 |
Total |
119 |
36024A154000700000BF |
Nicasio H Blanco Rodríguez |
2.609,19 |
Total |
120 |
36024A154000690000BO |
Victorino Taboada Blanco María Carmen Balo Villanueva |
2.731,14 |
Total |
121 |
36024A154000680000BM/36024A154000680001ZQ |
Julio Cumplido Vázquez |
2.173,45 |
Parcial |
122 |
36024A154000670000BF/36024A154000670001ZG |
José Bahamonde Semiao |
2.366,75 |
Parcial |
125 |
36024A154002220000BQ/36024A154002220001ZW |
Adelina González González Manuel Fernández García |
1.686,35 |
Parcial |
126 |
36024A154002240000BL |
Victorino Taboada Blanco María Carmen Balo Villanueva |
303,01 |
Total |
127 |
36024A154002230000BP/36024A154002230001ZA |
María del Carmen Meijome Álvarez |
1.631,72 |
Parcial |
128 |
36024A154002020000BD |
Grúas Lalín, S.L. |
489,82 |
Total |
129 |
36024A154002250000BT |
Luz Granja Castro Celia Monserrat Granja Castro María Elena Granja Castro |
121,03 |
Total |
130 |
36024A154002260000BF |
Grúas Lalín, S.L. |
506,56 |
Total |
131 |
36024A154001950000BT/36024A154001950001ZY |
María Esther López Carral María Dolores González Granja María Fe González Granja Luz Amalia Granja Barcala (herdeiros de) María Isabel Granja Barcala (herdeiros de) Celia Monserrat Granja Castro Luz Granja Castro María Elena Granja Castro Luis Granja López Manuel Granja López (herdeiros de) Teresa Granja S-S |
1.374,04 |
Parcial |
133 |
36024A154001960000BF/36024A154001960001ZG |
Celso Camba González (herdeiros de) |
198,15 |
Parcial |
134 |
36024A154002270000BM/36024A154002270001ZQ |
Grúas Lalín, S.L. |
1.732,84 |
Parcial |
135 |
36024A154001980000BO/36024A154001980001ZP |
María del Carmen Meijome Álvarez |
808,34 |
Parcial |
136 |
36024A154002190000BQ/36024A154002190001ZW |
María del Carmen Meijome Álvarez |
776,68 |
Parcial |
137 |
36024A154001990000BK/36024A154001990001ZL |
Manuel Taboada González Evangelina Saa Taboada |
1.641,80 |
Parcial |
138 |
36024A154002010000BR |
María Esther López Carral María Dolores González Granja María Fe González Granja Luz Amalia Granja Barcala (herdeiros de) María Isabel Granja Barcala (herdeiros de) Celia Monserrat Granja Castro Luz Granja Castro María Elena Granja Castro Luis Granja López Manuel Granja López (herdeiros de) Teresa Granja S-S |
2.302,65 |
Total |
139 |
36024A154002040000BI |
Celso Camba González (herdeiros de) |
659,18 |
Total |
140 |
36024A154002030000BX |
Luz Granja Castro Celia Monserrat Granja Castro María Elena Granja Castro |
615,00 |
Total |