De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0118/2023-TRA e oito máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.
Vigo, 5 de outubro de 2023
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-PO-0118/2023-TRA |
47435871G |
Resolución |
Bispo Romero Lema, 128, Zas |
PSC-PO-0125/2023-ACU |
35466754H |
Resolución |
A Aduana de Corón, 98, Vilanova de Arousa |
PSC-PO-0157/2023-PRE |
34875321F |
Resolución |
Estrada Rocamar, 45, Baiona |
PSC-PO-0169/2023-TRA |
47435871G |
Resolución |
Bispo Romero Lema, 128, Zas |
PSC-PO-0232/2023-PPM |
36143164K |
Resolución |
A Coruña, 32, baixo, Vigo |
PSC-PO-0300/2023-PPM |
77417635A |
Resolución |
Rafael Picó, 44, Portonovo, Sanxenxo |
PSC-PO-0322/2023-PPM |
Y3365480L |
Resolución |
Pousadoura, 22, baixo, Redondela |
PSC-PO-0335/2023-PRE |
21118517D |
Resolución |
As Fontes, 22, Baiona |
PSC-PO-0345/2023-PPM |
76990432W |
Resolución |
A Igrexa, 3, Baiona |