A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-01198-O-2023 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmanse que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.
Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte das persoas interesadas e a terminación do procedemento sancionador.
Pontevedra, 3 de outubro de 2023
Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
Expediente Matrícula |
DNI/CIF denunciado |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
PO-01198-O-2023 6574-KMB |
X9278314E |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 6.9.2022; 8.50.00; AP-9; 137,5 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |
PO-02308-O-2023 5077-KSF |
35452431R |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 23.1.2023; 09.25.00; AP-9; 128,0 |
Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
PO-02422-S-2023 8534-FCJ |
36065787Q |
Non levar a bordo do vehículo o certificado de conformidade deste, posuíndoo. 2.2.2023; 07.05.00; r/ Falperra con Pi y Margall |
Artigo 142.8 da LOTT Artigo 199.9 do ROTT |
Artigo 143.1 da LOTT Artigo 201.b) do ROTT |
201 euros |
PO-03462-O-2023 3783-DCF |
46096875E |
Exceso de peso igual ou superior ao 25 %. 29.4.2023; 07.59.00; N-640; 238,5 |
Artigo 140.23 da LOTT Artigo 197.26 do ROTT |
Artigo 143.1.c) da LOTT Artigo 201.h) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
2.001 euros |