Ao abeiro disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e intentada a notificación do acto administrativo no último enderezo coñecido da persoa interesada que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante anuncio emprazase a referida persoa interesada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación no trámite de revisión anual e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.
Vigo, 12 de setembro de 2023
María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Procedemento BS650G
Núm. de expediente |
DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto do requirimento |
BS650G 36/00670-X11 |
35961169W |
Requirimento de documentación necesaria no trámite de revisión anual. |
29.5.2023 |