Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a convocatoria de pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación da liña colectora Ludrio, eixe norte: 132 kV, parque eólico A Pastoriza-Rodeiro-subestación de interconexión Ludrio, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 4 de outubro de 2023
O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Expediente: IN407A 2017/4-0.
Denominación: liña colectora Ludrio, eixe norte: 132 kV, parque eólico A Pastoriza-Rodeiro-subestación de interconexión Ludrio.
Pagamento do prezo xusto.
| Predio | Propietario | Concello | Data | Hora | 
| 95 | Josefa Tellado Pillado | Castro de Rei | 14.11.2023 | 9.30 | 
| 113 | José Manuel Ónega Cabanas | Castro de Rei | 14.11.2023 | 10.30 | 
| 190 | Amor Pita Canto | Castro de Rei | 14.11.2023 | 11.30 | 

