Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.
Denominación: repotenciación do CT 27C605, Lago (O Corgo).
Situación: concello do Corgo.
Características técnicas principais:
• Substitución do CT Lago 27C605 de 50 kVA (expediente 220/2016-REG) tipo caseta, por un CTI de 100 kVA sobre apoio metálico tipo C-12/2000, localizado na mesma posición que ocupaba a caseta.
• Retensado do condutor existente LA-30 entre os apoios nº 92 e nº 92-3-CT.
Finalidade da instalación: aumento de potencia.
Orzamento: 23.661,12 euros.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello do Corgo
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 22 de setembro de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo