Logo de aprobar inicialmente o seguinte Plan especial de reforma interior P.03 do PXOM do Concello de Rubiá mediante a Resolución de Alcaldía núm. 152, do 19 de setembro de 2023, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello https://rubia.sedelectronica.gal
Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obteñan copias.
Así mesmo, suspéndese o outorgamento de licenzas urbanísticas na área afectada polo Plan especial de reforma interior O3 do PXOM do Concello de Rubiá e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.
A duración da suspensión é de dous anos.
Se transcorrido o dito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.
Rubiá, 25 de setembro de 2023
Elías Rodríguez Núñez
Alcalde