DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57628

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pedrafita do Cebreiro

ANUNCIO de corrección de erros no anuncio do extracto das convocatorias e bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario/a de carreira ou laboral fixo en prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización do emprego temporal.

No DOG nº 194, do 11 de outubro de 2023, publicouse o anuncio do extracto da convocatoria e das bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario/a de carreira ou laboral fixo nas prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, taxa adicional de estabilización de empreo temporal (artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro), ás cales hai que engadir:

– Unha (1) praza de oficial de 2ª albanel do cadro de persoal laboral fixo, pertencente ao grupo de cotización 8, mediante o sistema de concurso, cota xeral, acceso libre.

Pedrafita do Cebreiro, 11 de outubro de 2023

José Luis Raposo Magdalena
Alcalde