DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57830

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 9 de maio de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a recuperación do potencial forestal danado en montes afectados por incendios forestais nun monte de Lugo (concello de Chantada-Monte Bacariza da Nogueira, do Candedo e Fervedoira) cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: as actuacións que se propoñen teñen por obxecto levar a cabo unha plantación de castiñeiro enxertado con variedades tradicionais galegas, para recuperar o potencial forestal da parcela situada nun monte veciñal en man común de xestión pública no concello de Chantada.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación e ata o 31 de decembro de 2024.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e nove mil trinta e dous euros con trinta e seis céntimos (129.032,31 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.604.4 (código de proxecto 2016 00200).

2. Resolución do 8 de maio de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a realización do proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento topográfico para a adecuación das bases da zona de concentración parcelaria de Catoira Norte (Catoira, Pontevedra).

– Actividade: levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios. Levantamento do parcelario real e elementos físicos existentes, confección da base cartográfica, exposición de planos parcelarios, recollida de alegacións, publicación e entrega final.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 15 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e seis mil setecentos oito euros con vinte e oito céntimos (66.708,28 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (proxecto 2016 00219).

3. Resolución do 9 de maio de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a realización do proxecto de colaboración de servizos técnicos para o levantamento topográfico e a obtención dos planos parcelarios da zona de reestruturación parcelaria de Catoira Sur (Catoira, Pontevedra).

– Actividade: levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios. Levantamento do parcelario real e elementos físicos existentes, confección da base cartográfica, exposición de planos parcelarios, recollida de alegacións, publicación e entrega final.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 15 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e dous mil cento once euros con trinta e cinco céntimos (182.111,35 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (proxecto 2016 00219).

4. Resolución do 31 de maio de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) os traballos para a constitución dunha unidade mixta denominada Xestión de pragas e enfermidades forestais para as anualidades 2023-2024-2025-2026, baseado na addenda sobre a prórroga do convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Deputación de Pontevedra, para a creación dunha unidade de pragas e enfermidades forestais.

– Actividade: creación dunha unidade mixta de xestión na loita contra pragas no ámbito forestal como a avespa chinesa do castiñeiro, o cancro do castiñeiro e o gurgullo do eucalipto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 31 de maio de 2023 ata o 22 de agosto de 2026.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos catorce mil trescentos sesenta e cinco euros con cincuenta e oito céntimos (514.365,58 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2016 00202).

5. Resolución do 15 de xuño de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución para a adecuación das masas forestais para a conservación de recursos xenéticos forestais no viveiro de Os Trollos (Bóveda, Lugo).

– Actividade: traballos relativos á mellora das masas existentes no perímetro do viveiro e a divulgación da importancia da conservación dos recursos xenéticos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde á sinatura da orde de inicio ata o 31 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitenta e seis mil douscentos trinta euros con doce céntimos (86.230,12 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2011 00977).

6. Resolución do 10 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución do encargo para apoio á conservación do material forestal de reprodución, procesado de semente forestal de alto valor xenético, actualización do rexistro de material base e apoio á conservación e para o cultivo nos viveiros da Falmega (Oroso), Santa Cruz (Oleiros) e Sambreixo (Guitiriz) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: traballos de colleita e procesado no centro Semfor de Carballo, labores nos hortos de semente, preparación de documentación para novas unidades de admisión e traballos de produción de planta e mantemento de instalacións nos viveiros.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da orde de execución e ata o 28.2.2025.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos corenta mil cinco euros con corenta e oito céntimos (640.005,48 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2016 00202).

7. Resolución do 25 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de depósitos de auga para a prevención e defensa contra os incendios forestais na provincia da Coruña, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: construción de seis puntos de auga que permitan a carga de helicópteros e/ou vehículos motobomba nos concellos de Ares, Boimorto, Camariñas, Cee e Carnota.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos un mil douscentos sesenta e oito euros con vinte e seis céntimos (201.268,26 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

8. Resolución do 25 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a xestión da biomasa forestal en masas comúns e predios de descoñecidos para a prevención de incendios forestais, localizadas na franxa de cincuenta metros de vivendas e construcións en zonas de concentración parcelaria da provincia de Ourense.

– Actividade: actuacións para reducir e frear a continuidade do combustible forestal nas franxas descritas co control da vexetación, mediante rozas, rareos, podas, abatemento e saca de especies arbóreas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e oito mil cento sesenta e tres euros con un céntimo (98.163,01 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

9. Resolución do 24 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a xestión da biomasa vexetal de predios de masa común das zonas de concentración parcelaria de Pontevedra.

– Actividade: xestión da biomasa forestal para mellorar a sanidade de cultivos e diminuír o risco de incendios forestais en masas comúns da zona de concentración parcelaria de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 4 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de vinte e sete mil novecentos sesenta e tres euros con trinta e sete céntimos (27.963,37 €) con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural