DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da aprobación da convocatoria pública de bolsas a deportistas.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 20 de setembro de 2023, acordouse:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de bolsas a deportistas do concello de Abegondo, con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web, na sede electrónica do Concello e na Base nacional de subvencións.

Abegondo, 20 de setembro de 2023

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde