DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58326

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), publicouse o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

No seu punto I disponse que este sistema de selección será de aplicación a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 e 9 bis da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 24 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 211, do 7 de novembro), iniciouse o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 62, do 29 de marzo), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as na categoría de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas admitidas no primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais da categoría de bibliotecario/a e técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación.

Segundo. As listas, co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas, están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos