O 22 de decembro de 2022, o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo ditou acordo de información pública da solicitude de autorización administrativa previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica do proxecto da regulamentación da LAMT CHA811 O Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 O Saviñao (Lugo), xunto á cal se insería o anexo coa relación de bens e dereitos afectados, que se publicou no DOG núm. 12, do 18 de xaneiro de 2023.
A dita relación de bens e dereitos afectados foi modificada posteriormente pola empresa, xa que contiña erros relativos ás afeccións, polo cal se deixa sen efecto a ditada o 22 de decembro, e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica e do anexo corrixido e actualizado:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: regulamentación da LAMT CHA811 O Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 O Saviñao (Lugo).
Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
• Reforma da LAMT CHA811 O Saviñao 11, a 20 kV, no tramo comprendido entre os apoios núms. BKEA85DF//D110-35 e BK8LVCQC//D110-35-8 coa substitución dos sete apoios de madeira existentes por dous apoios de celosía metálica tipo C-2000-16 e un de chapa tubular tipo CH-630-11P e cambio do condutor LA-30 existente por LA-56, cunha lonxitude de 400 m.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e no seguinte enlace web da Consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/savinao4
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 29 de setembro de 2023
O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación
da LAMT CHA811 O Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e
BK8LVCQC//D110-35-8 O Saviñao (Lugo)
Concello: O Saviñao (Lugo).
Expediente: IN407A 2022/253-2.
Predio núm. |
Políg. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio nº |
Apoio sup. (m2) |
Afeccións ml aér. |
Afeccións m2 aér. |
1 |
93 |
145 |
Cubela |
Matogueira |
Hdros. María Filomena Rodríguez López |
BKD4JNK4//D110-35-1 |
2 |
76,26 |
1219,97 |
2 |
93 |
146 |
Cubela |
Matogueira |
Hdros. Antonio García Álvarez |
- |
- |
36,42 |
565,80 |
4 |
93 |
149 |
Chao |
Matogueira |
Isaac Sánchez López |
- |
- |
3,62 |
82,55 |
5 |
93 |
141 |
Cubela |
Matogueira, prados ou pradarías |
Hdros. Damaso Blanco Cidre |
BKBHWCO2//D110-35-4 |
2 |
69,60 |
870,46 |
6 |
93 |
134 |
Cubela |
Matogueira, prados ou pradarías |
Ramón Alvarín Rodríguez |
- |
- |
17,00 |
103,93 |
7 |
93 |
140 |
Cubela |
Matogueira |
Elia Taboada Expósito |
- |
- |
- |
4,39 |
8 |
93 |
135 |
Cubela |
Prados ou pradarías |
Manuel Sánchez Díaz |
- |
- |
58,52 |
897,75 |
12 |
118 |
84 |
Rañadoira |
Prados ou pradarías |
Isaac Sánchez López |
- |
- |
36,61 |
585,25 |