Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación da regulamentación da LAMT CHA811 Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 (Chantada), co número SGD 628120119003, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 11 de outubro de 2023
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/72-2.
Denominación: regulamentación da LAMT CHA811 Saviñao 11 e CHA813 Currelos 13 entre AP D32 e AP D47 (Chantada), co número SGD 628120119003.
Ocupación: 24 de outubro de 2023.
Predio |
Propietario |
Anotación correo |
Concello |
Polígono |
Parcela |
1 |
Hdros. de Autora Lorenzana Fernández |
Enderezo descoñecido |
Chantada |
16 |
284 |
2 |
Regina Fernández Penas |
Enderezo descoñecido |
Chantada |
16 |
327 |