Mediante a Resolución do 28 de setembro de 2023, da presidenta do tribunal cualificador, publícanse a baremación definitiva e a orde de prelación dos aspirantes ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da entidade instrumental do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, Galicia Calidade, S.A.U.
A dita resolución publicarase no portal web corporativo da entidade Galicia Calidade, S.A.U., www.galiciacalidade.gal
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023
Ana Méndez Gil
Directora xerente de Galicia Calidade, S.A.U.