DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58607

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

Mediante a Orde do 19 de abril de 2023 aprobáronse as bases xerais reguladoras e convocouse o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (DOG núm. 86, do 5 de maio).

Esta orde inclúe no anexo IV unha táboa cos méritos que se terán en conta na fase de concurso do proceso de acceso por promoción interna e a súa correspondente valoración. Neste sentido, o artigo 80.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o artigo 29 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007 de coordinación de policías locais de Galicia, establecen a necesidade de incluír unha puntuación específica para as situacións de maternidade, paternidade e coidado de familiares. Na referida táboa de méritos do anexo IV da orde non se incluíu ningunha epígrafe que puntuase estas situacións.

Deste modo, resulta necesario modificar a táboa de méritos da fase de concurso de acceso por promoción interna e incluír unha epígrafe que valore o exercicio de dereitos de conciliación polas persoas aspirantes, xa que esta modificación só afecta o procedemento de promoción interna (PR461C).

O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 20 de xuño de 2023, polo que procede conceder un novo prazo que permita ás persoas aspirantes admitidas achegar a documentación xustificativa pertinente, de ser o caso.

En consecuencia co exposto, e de conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), esta vicepresidencia primeira, en virtude da competencia asumida para o efecto,

DISPÓN:

Artigo 1. Modificación da Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H)

A Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, modifícase nos seguintes termos:

Completar o anexo IV de táboa de méritos da fase de concurso de acceso por promoción interna, engadindo a epígrafe 7 para valorar o exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores, que queda como se detalla a seguir:

ANEXO IV

Táboa de méritos fase de concurso do proceso de acceso
por promoción interna (PR461C)

Epígrafes

Descrición dos méritos que se van valorar

Valoración parcial
(en puntos)

Valoración máxima por epígrafe

1. Titulacións académicas oficiais

– Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente.

3,00

4,00 puntos

–Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente.

2,00

–Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en Criminoloxía, Ciencias Policiais ou equivalente.

1,50

– Bacharelato técnico ou equivalente.

0,50

2. Antigüidade como funcionario de carreira

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, nos corpos de policía local.

0,20

4,00 puntos

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, noutro corpo de seguridade.

0,10

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a seis (6) meses, noutro corpo de calquera Administración pública.

0,05

3. Formación profesional e docencia

Como alumno de Agasp ou en actividades conveniadas:

AS

AP

8,00 puntos

– Cada hora en actividades de tipo presencial.

0,015

0,025

– Cada hora en actividades de formación en liña.

0,010

0,020

Como alumno noutras actividades alleas á Agasp:

– Cursos ou actividades ata 20 horas.

0,20

0,30

– Cursos ou actividades entre 21 e 40 horas.

0,35

0,50

– Cursos ou actividades entre 41 e 70 horas.

0,45

0,65

– Cursos ou actividades entre 71 e 100 horas.

0,50

0,75

– Cursos ou actividades entre 101 e 200 horas

0,75

1,00

– Cursos ou actividades de máis de 200 horas.

1,00

1,30

Como profesor da Agasp ou en actividades conveniadas:

– Cada hora en actividades de tipo presencial.

0,020

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,015

Como profesor noutras actividades alleas á Agasp:

– Cada hora en actividades de tipo presencial.

0,015

– Cada hora en actividades de formación en liña.

0,010

4. Distincións e recompensas oficiais

– Placa individual ao mérito da policía local.

2,00

2,00 puntos

– Placa colectiva ao mérito da policía local.

1,50

– Medalla ao mérito da policía local.

1,00

– Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos.

0,75

– Distincións do órgano colexiado competente do concello.

0,25

5. Idiomas

Coñecemento de idiomas, distintos do español e do galego, acreditados por certificado de escola oficial de idiomas.

4,00 puntos

A) Ciclos:

– Certificado de superación do ciclo elemental.

1,00

– Certificado de superación do ciclo superior.

2,00

B) Niveis:

– Certificado superación nivel básico.

0,65

– Certificado superación nivel intermedio.

1,30

– Certificado superación nivel avanzado.

2,00

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor dos que se acrediten.

6. Lingua galega

Coñecemento da lingua galega, segundo acreditación:

2,00 puntos

– Celga 1.

0,25

– Celga 2.

0,50

– Celga 3.

0,75

– Celga 4.

1,00

– Curso de iniciación.

0,75

– Curso de perfeccionamento.

1,00

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio.

1,50

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior.

2,00

Só se terán en conta o título de máis nivel dos que se acrediten.

7. Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores

– Permiso por parto, adopción ou acollemento (artigos 121 e 122 LEPG).

0,2 puntos/permiso

1,00 punto

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo (artigo 124 LEPG).

0,2 puntos/permiso

– Redución de xornada do artigo 106.2.a) e b) da LEPG.

0,04 puntos/mes

– Excedencia para o coidado de familiares.

0,04 puntos/mes

Os meses serán computados por días naturais (30 días)

Artigo 2. Prazo de presentación de documentación xustificativa

As persoas aspirantes incluídas na relación definitiva de persoas admitidas no proceso de acceso por promoción interna dispoñen dun prazo de 5 días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Boletín Oficial del Estado, para presentaren a documentación xustificativa dos méritos correspondentes á epígrafe engadida mediante o artigo 1 desta orde. O anuncio desta modificación será publicado tamén nos boletíns provinciais das catro provincias galegas.

Disposición adicional

Para a valoración dos méritos alegados na quenda de concurso, terase en conta a data límite de presentación de instancias da Orde do 19 de abril de 2023 pola que se convocaba este proceso selectivo (20 de xuño de 2023).

Disposición derradeira primeira. Recursos

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes