DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para cubrir unha praza vacante de inspector/a de Administración especial incluída na oferta de emprego público ordinaria do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) núm. 188, do 28 de setembro de 2023, publicáronse as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria do proceso selectivo para o acceso por promoción interna á categoría de inspector/a no corpo da policía local do Concello de Pontevedra ao abeiro da OEP ordinaria do ano 2022.

A concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 13 de setembro de 2023, o proceso selectivo para o acceso por promoción interna á categoría de inspector/a no corpo da policía local do Concello de Pontevedra ao abeiro da OEP ordinaria do ano 2022 que a seguir se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a, mediante o procedemento de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, os sucesivos anuncios publícanse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 28 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados