A directora xeral de Recursos Económicos, con data do 11 de outubro de 2023,
RESOLVE:
1. Someter o estudo de viabilidade do aparcadoiro do Hospital Gran Montecelo a información pública, de acordo co artigo 247.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, durante un período dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan formular cantas observacións se consideren oportunas.
2. A exposición ao público realízase no Servizo de Patrimonio da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela); na Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Pontevedra (avenida de Vigo, 16, 36003 Pontevedra) e no Concello de Pontevedra (https://sede.pontevedra.gal).
Así mesmo, na páxina web da Consellería de Sanidade https://sanidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica atópase á disposición dos interesados o documento completo do estudo de viabilidade sometido a información pública.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos