DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 58867

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A irrupción da epidemia provocada pola COVID-19 supuxo no ámbito mundial unha crise sanitaria, económica e social sen precedentes. En consecuencia, o escenario na economía mundial sufriu un cambio radical, dando lugar a unha recesión de grandes dimensións na maior parte do mundo.

Co fin de paliar, na medida do posible, os danos económicos e sociais acaecidos pola pandemia na contorna europea, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e o Consello Europeo acordaron un plan de recuperación encamiñado a facilitar a resposta e a saída da crise, baseado nun paquete de estímulos financeiros.

O novo fondo de recuperación «NextGeneration», cuxo elemento principal é o «Mecanismo de recuperación e resiliencia», concentra o groso dos recursos financeiros e permitirá a España obter máis de 59.000 millóns de euros en transferencias entre 2021-2023 en forma de axuda non reembolsable.

Co fin de recibir o apoio financeiro no marco deste mecanismo, o Reino de España presentou o Plan de recuperación, transformación e resiliencia (acrónimo PRTR), aprobado polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 (BOE do 30 de abril), enviado á Comisión Europea o 30 de abril de 2021, que o avaliou favorablemente o 16 de xuño de 2021, e que finalmente foi aprobado polo Consello Europeo mediante a Decisión de execución do 13 de xullo de 2021. Entre as medidas que se concretan no PRTR atópase a actuación que se formaliza xuridicamente a través do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Estas medidas pretenden atenuar o grave prexuízo económico que tivo nos sectores agrícola e gandeiro a perturbación do mercado ocasionada pola pandemia do coronavirus, e, en consecuencia, considérase que concorren circunstancias excepcionais que acreditan razóns de interese público para a concesión dunhas liñas de axudas a investimentos que melloren a bioseguridade dos citados sectores, mellorando os centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo existentes ou construíndo novos centros, e fomentando a loita preventiva contra pragas de corentena a través de medidas fitosanitarias que protexan a produción dos materiais vexetais.

O obxectivo é adoptar as reformas estruturais necesarias alcanzando un nivel de investimento que promova o cambio no modelo de produción agrícola e gandeira con resultados beneficiosos para a sociedade, a economía e o ambiente.

O investimento en bioseguridade pode considerarse unha mellora necesaria que contribúe ao fortalecemento de todo o sector gandeiro no seu conxunto en tanto que aumenta a confianza de socios comerciais, permite unha maior produción e unha mellora da calidade sanitaria das producións, diminúe o risco de entrada de enfermidades nas explotacións e reduce a súa capacidade de difusión.

A bioseguridade converteuse nun dos asuntos centrais en materia sanitaria, o que se ve reflectido en que se incorpora como aspecto fundamental dentro das medidas de prevención que se postulan no Regulamento (UE) 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo de 2016, relativo ás enfermidades transmisibles dos animais e polo que se modifican ou derrogan algúns actos en materia de sanidade animal (Lexislación sobre sanidade animal).

De igual forma, a través do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, habilítanse liñas que pretenden fomentar a loita preventiva contra pragas de corentena a través de medidas fitosanitarias que protexan a produción dos materiais vexetais de reprodución, de categorías iniciais e de base das especies vexetais sensibles, entre outras, ás principais pragas de corentena que son transmitidas por insectos vectores.

Este real decreto prevé a xestión descentralizada das subvencións, de modo que a distribución territorial dos créditos consignados para o efecto nos orzamentos xerais do Estado, a cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, se realizará de acordo co previsto no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria.

Estas axudas enmárcanse no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, que establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en virtude do cal tales fondos se destinarán a apoiar as reformas e investimentos necesarios para unha recuperación duradeira, mellorar a resiliencia económica e social e apoiar a transición verde e dixital nos Estados membros. Para iso, teñen que levarse a cabo actuacións dirixidas, entre outras finalidades, á transición ecolóxica, a transformación dixital, ou o crecemento intelixente, sustentable e integrador, que inclúa a cohesión económica, o emprego, a produtividade, a competitividade, a investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Estas axudas, dentro do PRTR da economía española, atópanse incluídas na política panca número 1 (Axenda urbana e rural, loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura), dentro dela enmárcanse no compoñente 3 (Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro), e dentro deste compoñente encaixan no investimento 3 (Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e centros de limpeza e desinfección).

A contribución da medida C3.I3 é a seguinte: un 100 % aos obxectivos climáticos e un 40 % aos obxectivos ambientais (á transición ecolóxica) (campo de intervención, etiqueta 027); o compoñente C3 ten unha contribución do 6 % aos obxectivos de transformación dixital.

As subvencións para melloras dos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade axústanse ao establecido polo Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013).

Pola súa banda, o réxime de axudas previsto para que os operadores profesionais de categoría produtor de determinados materiais vexetais realicen investimentos en instalacións de protección contra insectos vectores foi declarado compatible co Tratado de funcionamento da Unión Europea mediante Decisión da Comisión do 30 de xullo de 2021, axuda SA.63699 (2021/N) RRF Axudas aos operadores profesionais que realicen investimentos en instalacións de protección contra insectos vectores (DOUE do 3.9.2021).

Os artigos 16 e 17 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, atribúen aos órganos competentes da Comunidade Autónoma en que terá lugar a actividade pola cal se solicita a axuda, a instrución, a resolución, o control e o pagamento das axudas, polo que resulta necesario convocar as axudas mencionadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Considerando que as potenciais persoas beneficiarias destes programas de apoio presentan unhas características derivadas da súa dedicación profesional e, tendo en conta, ademais, que a maioría dos produtores deben empregar medios electrónicos para cumprir coas súas obrigas de información e contan co equipo habitual que permite as relacións electrónicas, establécese a obrigatoriedade de que a tramitación destas subvencións se leve a cabo por medios electrónicos de conformidade co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en virtude do que prevé o citado real decreto, financiará estas axudas, que deben rexerse polas bases que nel se establecen.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso de competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), na política panca número 1, dentro dela no compoñente 3, e dentro deste no investimento 3 (acrónimo C3.I3) (Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e centros de limpeza e desinfección), en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como cos principios de eficacia e eficiencia, establecidos nos seus artigos 8 e 17, e de acordo co disposto polo Regulamento da devandita lei, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e convocalas para o ano 2023.

2. De acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, o obxectivo destas subvencións é mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social, en centros de limpeza e desinfección e en centros de produción de material vexetal de reprodución.

3. Esta orde regula os procedementos administrativos seguintes:

a) MR406B-Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade.

b) MR406C-Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 2. Definicións

1. Para os efectos desta orde, serán de aplicación as definicións contidas no artigo 2 do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro, polo que se establecen as condicións básicas que deben cumprir os centros de limpeza e desinfección dos vehículos dedicados ao transporte por estrada de animais vivos, produtos para a alimentación de animais de produción e subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e créase o Rexistro Nacional de Centros de Limpeza e Desinfección; no artigo único, punto un, do Real decreto 208/2023, do 28 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 638/2019, do 8 de novembro; no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro; na Comunicación da Comisión Europea sobre as directrices aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais (2022/C 485/01); no Regulamento (UE) 2016/2031 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, relativo ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais; na Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal; e na Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos e a súa normativa de desenvolvemento.

2. Así mesmo, entenderase que as mencións a centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, inclúen os de cans de recovaxe, caninea ou mandas de caza maior.

Artigo 3. Requisitos para todas as persoas beneficiarias

1. Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, con carácter xeral, e de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Atoparse suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

b) Ser empresa en crise, segundo a definición recollida no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, excepto aquelas empresas que non estaban en crise o 31 de decembro de 2019, pero que pasaron a estalo durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

c) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

d) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

e) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

f) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

g) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

i) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

2. Así mesmo, as persoas/entidades beneficiarias deberán cumprir, polo menos, as seguintes obrigas:

a) Remitir ao órgano de concesión a información que permita a este medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador, en función do previsto no capítulo VI do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, así como a que lle sexa solicitada pola Comunidade Autónoma ou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para os efectos do sistema de xestión e seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

b) Declarar a obtención ou a solicitude doutras axudas para o financiamento da mesma actividade subvencionada.

c) As específicas obrigas de información en relación co financiamento pola Unión Europea da actividade subvencionada. Resulta aplicable o artigo 34.2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021: os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

d) Custodiar todas as facturas e demais documentos que acrediten os gastos e os pagamentos obxecto da subvención en que incorresen e telos á disposición do órgano de concesión e dos órganos de comprobación e control, que poderán requirilos para a súa comprobación. Tal e como se establece no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e no Regulamento (EU, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, é preceptiva a conservación da dita documentación durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

e) Colaborar nos controis necesarios para o correcto seguimento e control destas subvencións, de conformidade co establecido no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

f) Conforme o artigo 27 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, no cumprimento do disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular a comunicación da Comisión Europea Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», 2021/C 58/01 (DOUE do 18.2.2021), así como co requirido na Decisión de execución do Consello Europeo, do 13 de xullo de 2021, relativa á aprobación da avaliación do PRTR de España, as persoas beneficiarias das subvencións garantirán o pleno cumprimento, en todos os proxectos de investimento que deben levar a cabo, do principio de «non causar un prexuízo significativo» ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do No Significant Harm), e no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, durante todas as fases do deseño e execución do proxecto de que se trate e, de maneira individual, para cada actividade ou actuación dentro del. Así mesmo, garantirán o cumprimento do obxectivo relativo á etiquetaxe climática.

g) Segundo o establecido no artigo 27 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, as persoas/entidades beneficiarias deberán mostrar garantías de que as súas actuacións non inciden negativamente sobre o obxectivo ambiental da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas, na forma prevista no artigo 16 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro.

h) As entidades/persoas beneficiarias deberán contribuír aos obxectivos de soberanía dixital e autonomía estratéxica da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipamentos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

i) As entidades/persoas beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións respecto diso relacionadas co réxime de normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

j) En relación coa execución das actuacións do PRTR, as persoas/entidades beneficiarias das axudas deberán declarar que coñecen a normativa de aplicación, en particular, a alínea d) do punto 2 e o punto 3 do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, e, así mesmo, que manifestan acceder á cesión e ao tratamento dos datos cos fins expresamente relacionados no citado artigo 22, e no cumprimento do recollido no anexo IV.B (Modelo de declaración de cesión e tratamento dos datos) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

k) En relación coa execución das actuacións do PRTR, as persoas/entidades beneficiarias das axudas deberán manifestar o seu compromiso cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, comunicando, se é o caso, ás autoridades que proceda os incumprimentos observados; así mesmo, deberán declarar que se comprometen a respectar os principios da economía circular e que non incorren no dobre financiamento e que, se é o caso, non lles consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Todo o citado nesta alínea k), no cumprimento do recollido no anexo IV.C (Modelo de declaración de compromiso do cumprimento dos principios transversais) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 4. Criterios comúns de elixibilidade dos custos subvencionables

1. As actuacións obxecto de axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación. Así mesmo, deberán contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que o requiran, con anterioridade ao pagamento das subvencións.

2. Dado o carácter incentivador das axudas só se admitirán actuacións, por parte das persoas beneficiarias das axudas, iniciadas con posterioridade á data de presentación da solicitude da axuda, e non se considera elixible ningún custo relativo á execución da actuación que fose facturado con anterioridade, sen prexuízo dos gastos de deseño, redacción e dirección do proxecto e os relativos a memorias técnicas, certificados, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando fosen facturados con anterioridade sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se iniciasen con data posterior ao 4 de novembro de 2021.

3. Considéranse custos elixibles aqueles que sexan necesarios para acadar os obxectivos e, en particular, dos establecidos para cada unha das actuacións subvencionables (das 2 liñas de axudas), os que se relacionan a seguir:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto. Tales gastos, para ser admitidos como custo elixible, deberán de atoparse debidamente recollidos e detallados en documento ou oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou co profesional correspondente, cuxa copia se incorporará xunto co resto de documentación que debe acompañar á solicitude de axuda. En ningún caso se admitirá que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000,00 euros por expediente.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipos e materiais de nova adquisición.

Non se consideran custos elixibles as licenzas, as taxas, os impostos ou os tributos, coa excepción do imposto sobre o valor engadido (IVE) ou imposto equivalente soportado, que será subvencionable sempre que non sexa susceptible de recuperación ou compensación para a persoa beneficiaria.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I, procedemento MR406B; anexo II, procedemento MR406C) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 6. Forma e lugar de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

2. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Emenda e mellora da solicitude

A persoa interesada que non presente a solicitude (anexos I e II) correctamente cuberta ou a documentación complementaria que corresponda, ou non emende a falta, os datos ou os documentos erróneos, ou ben a solicitude non reúna os requisitos previstos, no prazo de dez días hábiles (excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos) desde o momento en que lle foi notificado o erro ou a falta, terase por desistida da súa petición e logo de ditada a resolución para o efecto, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 9. Tramitación e resolución das axudas

1. A Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias actuará como órgano instrutor do procedemento MR406C e a Subdirección Xeral de Gandaría será o órgano instrutor do procedemento MR406B, realizando de oficio cantas actuacións consideren necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución segundo as normas e os criterios establecidos nesta orde.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, as persoas titulares das dúas subdireccións xerais competentes emitirán as correspondentes propostas de resolución.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural, do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo máximo de catro meses contados a partir da data de publicidade da orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude.

4. Cada unha das dúas liñas de axuda que se convocan ao abeiro da presente orde son analizadas por separado, polo que poderán resolverse de maneira independente.

5. Nas resolucións de concesión das subvencións farase constar expresamente que os fondos con que se sufragan proceden dos orzamentos xerais do Estado e dos fondos NextGenerationEU, en aplicación do artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

Artigo 10. Notificacións

1. As notificacións e os actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear, de oficio, o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións de concesión e de denegación das axudas, que producirán os efectos da notificación.

Artigo 12. Modificación da resolución, incumprimento e reintegro

1. A resolución de concesión das axudas previstas nesta orde poderá ser modificada:

a) Por alteración das condicións iniciais que se tiveron en conta para a concesión.

b) Pola obtención concorrente de subvencións outorgadas para a mesma finalidade e obxecto por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, se supón exceder o importe total da axuda correspondente a cada unha das subvencións recollidas nesta orde, dará lugar a unha redución proporcional no importe das subvencións reguladas nesta orde.

2. No caso de que a persoa interesada non leve a cabo o 100 % da actividade obxecto da axuda, só percibirá a parte proporcional correspondente á actividade realizada, sempre que, polo menos, realizase o 50 % do investimento solicitado e concedido.

3. O incumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, con independencia doutras responsabilidades en que puider incorrer a persoa beneficiaria, dará lugar á perda do dereito á subvención concedida, coa obriga de reembolsar as cantidades xa percibidas, incrementadas cos xuros de demora legalmente establecidos. Así mesmo, procederá o reintegro das cantidades percibidas, así como a exixencia do xuro de demora desde o momento do pagamento da subvención, nos demais supostos previstos no artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, incluído o incumprimento total ou parcial da actividade subvencionada ou dos obxectivos previstos.

4. Especificamente, en caso de incumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo», da etiquetaxe climática ou das condicións recollidas nos números 3, 6 e 8 do compoñente 3, nos termos previstos no artigo 3.2 alíneas f) e g) desta orde, a persoa ou entidade beneficiaria deberá reintegrar as contías percibidas.

Artigo 13. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións expresas ou presuntas das axudas, así como as de desistencia da solicitude, poñerán fin á vía administrativa, e contra elas poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se entenda denegada a axuda, se a resolución for presunta.

2. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a resolución presunta.

Artigo 14. Publicidade

1. As persoas beneficiarias farán constar nas actuacións, incluíndo calquera documentación ou publicación de calquera índole e soporte, actuación de comunicación ou visibilidade, premios e publicidade, que son financiadas pola Unión Europea con cargo ao fondo NextGenerationEU, segundo o PRTR presentado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e en aplicación do artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

2. En particular, as obrigas de comunicación do financiamento público das axudas son as seguintes:

a) As accións de información e comunicación farán referencia á orixe do financiamento das actuacións, serán visibles, exhibirán de forma correcta e destacada o emblema da Unión Europea, e incluirán unha declaración axeitada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

b) Nos lugares de realización das actuacións, informarase do apoio do fondo NextGenerationEU a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 (o cartel incluirá a identificación do subproxecto, o emblema da UE e o texto «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU) nun lugar destacado e visible. Ademais, o cartel incluirá o logo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (emblema e texto, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual) e o escudo de España co texto de «Goberno de España» e «Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación».

c) Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e os resultados da operación financiada.

Artigo 15. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, as persoas beneficiarias das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 16. Réxime de compatibilidade das axudas

1. Estas axudas serán compatibles con outras de idéntica finalidade, concedidas á mesma persoa beneficiaria, con calquera outras procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados.

En relación coas axudas da liña 1 desta orde, o importe total de todas as axudas de minimis, concedidas a unha persoa beneficiaria, non excederá os 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de acordo co sinalado no artigo 3.2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro.

No caso das axudas aos operadores profesionais de categoría produtor de determinados materiais vexetais que realicen investimentos en instalacións de protección contra insectos vectores (liña 2 desta orde), a súa acumulación non superará o 80 % do custo do investimento.

2. As axudas consonte os programas de apoio incluídos nesta orde serán compatibles entre si e un mesmo beneficiario poderá recibir axuda correspondente a máis dun dos programas de apoio, sempre que se garanta a ausencia de dobre financiamento para un mesmo investimento elixible ou custo subvencionable.

3. De conformidade co artigo 9 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, a axuda concedida no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) sumarase á proporcionada conforme outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de investimento poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo ou investimento elixible. Así mesmo, as actuacións que sexan financiadas polo MRR deberán quedar claramente diferenciadas das que sexan financiadas a través doutras fontes, con identificación dos fitos ou obxectivos que a aquelas correspondan.

4. Os formularios de solicitude (anexo I, procedemento MR406B; anexo II, procedemento MR406C) recollidos na presente orde inclúen unha declaración responsable da persoa solicitante da axuda en relación con outras axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, polas distintas administracións públicas ou por calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

5. Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final da axuda, as persoas solicitantes presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 17. Prazo de xustificación das axudas e ampliación

1. A xustificación da axuda operará coa comprobación da execución do investimento por parte da persoa solicitante. O prazo de execución dos investimentos e tamén de xustificación destas axudas será dun ano desde a concesión da subvención.

2. Se unha vez finalizado o prazo de execución, a persoa solicitante da axuda non presentase a solicitude de pagamento mais a documentación xustificativa de realización dos investimentos, requiriráselle para que as presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supoñer a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional citado no seguinte punto 3 non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

3. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo de execución sinalado no punto 1, que non exceda a metade deste (6 meses como máximo), se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitala a persoa interesada cunha anterioridade de polo menos 1 mes antes de que remate o prazo de execución.

4. Tanto a petición das persoas interesadas como o acordo sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

Artigo 18. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e cuxo gasto e pagamento se xustifique con posterioridade á data de presentación da solicitude de axuda (anexo I e II da presente orde).

2. Unha vez realizados os investimentos ou os gastos previstos, e cumpridos, se é o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, presentando tamén a documentación xustificativa dos investimentos efectuados, en que se incluirán os documentos correspondentes aos gastos e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento.

3. As persoas interesadas presentarán as solicitudes de pagamento a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o formulario de «Achega de documentación xustificativa»; nel, a persoa solicitante deberá cubrir a declaración de axudas percibidas para esta mesma finalidade. Así mesmo, deberá xuntar co dito formulario a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación, xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, que recolla as actividades (obras, compra de equipamentos, etc.) realizadas e os resultados obtidos.

b) As correspondentes facturas e os seus xustificantes de pagamento.

c) Permisos administrativos (licenzas, autorizacións), se é o caso.

4. Sen prexuízo do anterior, suspenderase a concesión e/ou o pagamento de toda axuda a toda empresa que se beneficiou dunha axuda ilegal anterior declarada incompatible por unha decisión da Comisión (xa sexa ao respecto dunha axuda individual ou a un réxime de axudas), ata que a empresa en cuestión teña reembolsado ou ingresado nunha conta bloqueada o importe total da axuda ilegal e incompatible e os correspondentes xuros de recuperación.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas recollidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou na restante normativa aplicable. Esta perda do dereito dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito ao pagamento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto 1 anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao pagamento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o órgano de concesión o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. Tamén será aplicable no caso de que a actuación xustificada minorase a baremación da axuda, de xeito que coa nova puntuación non resultase concedida en réxime de concorrencia competitiva.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano de concesión, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, entre eles, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, os órganos recollidos na normativa do PRTR e os órganos de control da Comisión Europea; non presentar canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e non permitir as actuacións de control previstas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

d) Non acreditar estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT e no pagamento coa Xunta de Galicia, para solicitar ou percibir axudas e subvencións, e no pagamento coa Seguridade Social.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tidos en conta na concesión das axudas, o órgano de concesión poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión.

No caso de que a persoa interesada non realice o 100 % da actividade obxecto da axuda, só percibirá a parte proporcional correspondente á actividade realizada, sempre que, polo menos, realizase o 50 % do investimento solicitado e concedido.

Artigo 20. Presentación dos permisos administrativos

As actuacións obxecto de axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación. Así mesmo, deberán contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que aquelas o requiran, con anterioridade ao pagamento das subvencións. O incumprimento destes requisitos supoñerá a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Artigo 21. Fiscalización e control

1. As empresas (persoas físicas traballadoras autónomas, persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica) beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control, incluída a consulta aos sistemas de información que realice o órgano convocante, con anterioridade ou posterioridade á concesión da subvención, para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos, ás de comprobación material e control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e ás de control dos órganos competentes do PRTR e dos servizos financeiros da Comisión Europea, do Tribunal de Contas Europeo, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) ou da Fiscalía Europea.

2. Para o financiamento con fondos do PRTR, o órgano de concesión da subvención aplicará medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr os conflitos de intereses e o dobre financiamento, e serán actuacións obrigatorias para os órganos xestores a avaliación do risco de fraude, a tramitación da declaración de ausencia de conflito de intereses e a dispoñibilidade dun procedemento para abordar conflitos de intereses.

A este respecto, é de aplicación o «Plan de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia», que inclúe o «Plan da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias». A ligazón ao citado plan da Secretaría Xeral Técnica no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia é a seguinte: https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf

3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, se é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/per. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania).

4. O órgano xestor deberá proporcionar a información que sexa solicitada para dar cumprimento ao adecuado sistema de xestión e seguimento do PRTR, informando do que sexa preciso para alimentar o devandito sistema e as aplicacións informáticas que a normativa nacional ou europea prevexa para a xestión, o seguimento e o control do financiamento e os obxectivos previstos no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, e na normativa nacional e europea respectiva.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a proporcionar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquelas cumpran as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 23. Análise sistemática do risco de conflito de interese

1. O presente procedemento de concesión de subvencións está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

2. De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión da subvención poderá requirirlles ás persoas solicitantes da axuda a información da súa titularidade real cando a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) non dispoña desa información, e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través de Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión da subvención.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 24. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2023, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as seguintes axudas:

1. Liña 1. Axudas de minimis a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade (código de procedemento MR406B).

2. Liña 2. Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución (código de procedemento MR406C).

Artigo 25. Prazo de solicitude das axudas

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 26. Financiamento das axudas

1. As axudas recollidas na presente orde están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), e o seu financiamento efectuarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Liña 1. Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade:

• 14.04.713E.760.3 que se dota para o ano 2023 cun crédito de 19.000,00 euros.

• 14.04.713E.770.3 que se dota para o ano 2023 cun crédito de 10.103,55 euros e para o ano 2024 cun crédito de 261.931,91 euros. En total, 272.035,46 euros.

O orzamento total das dúas aplicacións é de 291.035,46 euros.

O código do proxecto é 2021 00204.

b) Liña 2. Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución:

• 14.04.713E.770.1 que se dota para o ano 2023 cun crédito de 65.572,02 euros e para o ano 2024 cun crédito de 590.148,22 euros. En total, 655.720,24 euros.

O código do proxecto é 2021 00203.

2. As ditas aplicacións orzamentarias poderán incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. No suposto de existiren remanentes dun proxecto ou dunha aplicación, poderíanse empregar para financiar as solicitudes doutro proxecto ou doutra aplicación.

4. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación financiará as subvencións previstas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, con cargo á aplicación orzamentaria 21.50.410C.759, en función das dispoñibilidades orzamentarias e cunha contía máxima de 38.000.000,00 euros. A distribución territorial dos créditos consignados para o efecto nos orzamentos xerais do Estado, a cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, realizarase de acordo co previsto no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria. A Comisión Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 13 de outubro de 2022 fixou a distribución territorial das subvencións de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

CAPÍTULO III

Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros
de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo
ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade
(código de procedemento MR406B)

Artigo 27. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica:

1. Que sexan titulares ou propietarias dos centros de limpeza e desinfección para gando vivo, incluídas as especies cinexéticas, autorizados e rexistrados polo órgano competente da Comunidade Autónoma en cuxo ámbito territorial estean situados, que se comprometan a melloralos.

2. Ou que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección.

Artigo 28. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán presentar xunto coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos, se é o caso.

b) Documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito, se é o caso: un documento que deixe constancia fidedigna da existencia dela. O representante da persoa solicitante poderá ser unha persoa física con capacidade de obrar ou unha persoa xurídica, sempre que isto estea previsto nos seus estatutos.

c) Imposto de sociedades e as contas anuais de resultados, dos anos 2019 e 2021: no caso das contas anuais, cómpre achegar con elas o xustificante da súa presentación no Rexistro Mercantil. Estes documentos deberán presentalos as persoas xurídicas.

d) Memoria descritiva das actuacións que se van realizar.

e) Orzamentos dos investimentos. Así mesmo, cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000,00 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000,00 euros en obras de instalación (infraestruturas), a persoa solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

2. No caso de que a persoa titular ou propietaria dun centro de limpeza e desinfección teña en propiedade/titularidade máis dun centro de limpeza e desinfección e desexe realizar investimentos subvencionables en mais dun centro, deberá presentar tantas solicitudes e a súa correspondente documentación complementaria como investimentos vaia realizar en cada centro de limpeza e desinfección.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A presentación da solicitude suporá a autorización para o acceso á información contida no Rexistro de Titularidades Reais previsto na Orde JUS/319/2018, do 21 de marzo, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados á súa publicación, e a cesión de información ao Sistema de fondos europeos, para os efectos de cumprir co previsto no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da súa inclusión nunha base de datos única para os efectos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

5. Así mesmo, a presentación da solicitude supoñerá o compromiso expreso do solicitante, en caso de ser beneficiario final da axuda, de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que os organismos europeos exerzan as súas competencias, de conformidade co artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o artigo 129 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1296/2013, (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013, (UE) 1304/2013, (UE) 1309/2013, (UE) 1316/2013, (UE) 223/2014 e (UE) 283/2014 e a Decisión 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) 966/2012.

Artigo 29. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

– Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Concesións de subvencións e axudas.

– Concesións pola regra de minimis.

– Vida laboral da empresa.

– Domicilio fiscal.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

– Certificado da renda (IRPF).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 30. Investimentos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes investimentos, sempre realizados con posterioridade á presentación da solicitude da subvención:

1. Modernización ou mellora dos equipamentos e instalacións existentes para acadar unha maior eficiencia nos sistemas de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando vivo:

a) Mellora da infraestrutura do cerramento exterior.

b) Mellora da superficie de formigón ou asfalto do chan do recinto, con especial incidencia na superficie onde se realizan as tarefas de limpeza e desinfección, así como na superficie do acceso e a saída do vehículo.

c) Mellora das infraestruturas da área onde se realizarán as operacións de limpeza e desinfección dos vehículos, separando claramente as operacións «sucias» e «limpas» e procurando un fluxo de materiais e servizos en liña recta.

d) Mellora dos utensilios necesarios para varrer e raspar a cama e o esterco cando se realice unha primeira limpeza en seco dos vehículos.

e) Mellora da área de almacenamento dos residuos orgánicos sólidos e do sistema de xestión dos residuos sólidos que se xeren durante a limpeza dos vehículos.

f) Mellora da instalación de auga corrente e electricidade. Considerarase como mellora de instalación eléctrica toda instalación situada dentro ou fóra do recinto que mellore a potencia dos equipos de limpeza e desinfección. Por tanto, as canalizacións para o cambio de liña bifásica a trifásica traídas desde o exterior ao centro serán consideradas como mellora.

g) Renovación ou mellora dos equipamentos de desinfección ou limpeza.

h) Mellora de plataforma con desnivel suficiente que permita a recollida dos líquidos procedentes da limpeza e desinfección dos vehículos.

i) Mellora da fosa de recollida de efluentes xerados nas operacións de limpeza e desinfección que imposibilite a súa difusión e garanta a súa adecuada eliminación.

j) Renovación do sistema de precintaxe e selaxe de portas ou elementos de acceso do gando á estrutura de carga do vehículo, unha vez concluídas as operacións de limpeza e desinfección.

k) Construción ou mellora de almacéns para cama limpa.

l) Mellora das infraestruturas reservadas para o material, ferramentas, maquinaria, vestiario do persoal e almacenamento de produtos químicos.

m) Instalación de novas liñas de desinfección ou limpeza.

n) Adaptación do centro á disposición transitoria primeira do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro (adecuación dos accesos de entrada e saída do centro).

ñ) Adquisición de contedores móbiles para retirada de estercos, augas residuais, verteduras, etc.

2. Instalación, en centros xa existentes, de novas tecnoloxías para a limpeza e desinfección de vehículos para o transporte de gando vivo:

a) Sistemas para a automatización das operacións de limpeza e desinfección, por exemplo a robotización.

b) Instalación de novos sistemas para a limpeza e desinfección: como a instalación de equipamentos para o tratamento térmico que garantan a inactivación dos axentes patóxenos.

c) Instalación de sistemas para a verificación da limpeza e desinfección.

d) Sistemas de lectura automática de matrículas ou outros sistemas para facilitar a recollida de datos de vehículos que son sometidos a procesos de limpeza e desinfección.

e) Desenvolvementos informáticos para dixitalizar a información relativa aos rexistros de actividades realizadas.

f) Calquera outra mellora das capacidades dos centros de limpeza e desinfección que demostre que vai reducir os tempos de limpeza e desinfección, aforrar custos, aumentar a capacidade do centro mantendo a eficacia das operacións de limpeza e desinfección.

g) Instalación dun sistema automático de precintado e selaxe de portas ou elementos de acceso do gando á estrutura de carga do vehículo, unha vez concluídas as operacións de limpeza e desinfección.

3. Construción de novos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando vivo que cumpran os requisitos mínimos do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro.

4. No caso de que a persoa beneficiaria opere nun ou máis sectores ou desenvolva actividades incluídas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) 1407/2013, do 18 de decembro, e ademais realice actividades excluídas da súa aplicación, como son a produción primaria de produtos agrícolas, ou no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos previstos no artigo 1 do mesmo regulamento, estas actividades excluídas da súa aplicación non se verán beneficiadas polas contías establecidas polo devandito regulamento, o que deberá quedar garantido mediante métodos como a separación das referidas actividades ou a distinción de custos, e percibiranse por estas actividades unicamente axudas segundo as contías establecidas polo Regulamento (UE) 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.

5. Non se consideran custos elixibles as licenzas, as taxas, os impostos ou os tributos, agás o imposto sobre o valor engadido (IVE), ou imposto equivalente soportado, que será subvencionado sempre que non sexa posible a súa recuperación pola persoa beneficiaria.

Artigo 31. Intensidade máxima e contía da subvención

1. No caso de centros de limpeza e desinfección xa existentes, a contía da subvención concederase en función do investimento realizado, cun investimento máximo subvencionable de 100.000,00 euros por cada centro de limpeza e desinfección. A intensidade máxima da subvención por investimento será do 70 % do investimento e como mínimo do 40 % deste, en función do número de solicitudes presentadas e do orzamento dispoñible. A contía máxima da axuda por investimento será de 70.000,00 euros por persoa beneficiaria.

2. No caso de nova construción de centros de limpeza e desinfección, a contía máxima do investimento subvencionable será como máximo de 200.000,00 euros por cada centro de limpeza e desinfección. A intensidade máxima da subvención por investimento será do 70 % do investimento e como mínimo do 40 % deste, en función do número de solicitudes. A contía máxima da axuda por investimento será de 140.000,00 euros por persoa beneficiaria.

3. En todo caso, o importe total das axudas de minimis concedidas a unha persoa beneficiaria non excederá os 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de acordo co sinalado polo artigo 3.2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro.

Artigo 32. Criterios obxectivos de concesión das subvencións

Os criterios obxectivos de concesión destas subvencións son os seguintes:

1. No caso de centros de limpeza e desinfección xa existentes, as seguintes persoas solicitantes terán carácter de prioritarias coa seguinte orde de prioridade:

a) Por tipo:

1º. Centro de limpeza e desinfección de servizos a terceiros: 3 puntos.

2º. Centro anexo a un establecemento: 2 puntos.

3º. Centro de uso restrinxido: 1 punto.

b) Por localización: centros de limpeza e desinfección situados en zonas de montaña ou zonas distintas das de montaña con limitacións naturais significativas, tal e como se establecen no artigo 32 e no anexo III do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro: 2 puntos.

2. No caso da construción de novos centros de limpeza e desinfección, aplicaranse os seguintes criterios:

a) Instalación de centros de limpeza e desinfección de servizo a terceiros e centros de limpeza e desinfección de uso restrinxido que se instalen naquelas provincias onde non haxa ningún centro de limpeza e desinfección de servizo a terceiros: 3 puntos.

b) A instalación de centros de limpeza e desinfección de uso restrinxido que se instalen naquelas comarcas gandeiras onde non hai ningún centro de limpeza e desinfección de uso restrinxido nin na propia comarca nin en comarcas limítrofes: 1 punto.

3. No caso de empate en puntos, priorizarase por orde de presentación de solicitudes.

Artigo 33. Mecanismo de flexibilidade

1. En virtude do establecido no artigo anterior, en primeiro lugar, concederase a subvención que corresponda ás persoas beneficiarias que obteñan maior puntuación, ata a contía máxima de subvención de 70.000,00 euros por persoa beneficiaria no caso de centros xa existentes e 140.000,00 euros por persoa beneficiaria no caso de nova construción, por cada subvención concedida.

2. No caso de que os importes que se vaian conceder superen o orzamento dispoñible, poderase:

a) Aplicar o mecanismo de flexibilidade, definido no capítulo V do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, para a transferencia de fondos na mesma liña entre comunidades autónomas ou entre as liñas de axudas de bioseguridade, ou con liñas específicas de cada comunidade autónoma.

b) Se o anterior non for aplicable, a Comunidade Autónoma poderá reducir a porcentaxe da subvención por persoa beneficiaria ata un mínimo dun 40 % por persoa beneficiaria ata axustarse ao devandito orzamento, ou aplicar o rateo.

3. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, procederase ao pagamento dos importes de subvencións ás persoas beneficiarias, ata a contía máxima de subvención prevista no número 1.

4. No caso de que algunha das persoas beneficiarias renuncie total ou parcialmente á subvención, o órgano de concesión acordará a concesión da subvención á persoa solicitante ou solicitantes seguintes a aquela en puntuación, coa condición de que coa renuncia se libere crédito suficiente para atender, polo menos, unha das solicitudes denegadas.

CAPÍTULO IV

Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos
por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución
(código de procedemento MR406C)

Artigo 34. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou as entidades sen personalidade xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser operador profesional rexistrado como produtor, no Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais (ROPVEG) e, por tanto, estar autorizado pola autoridade competente da Comunidade Autónoma a producir material vexetal de reprodución.

b) Ser produtor de material vexetal de reprodución susceptible de, entre outras, as seguintes pragas de corentena que son transmitidas por insectos vectores:

1º. Xylella fastidiosa.

2º. Bursaphelenchus xilophilus.

3º. HLB ou greening dos cítricos.

4º. Flavescencia dourada.

c) Ser produtor de material vexetal de reprodución dalgún ou varios dos seguintes lugares de produción:

1º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e campos de planta nai de cítricos de categoría de base.

2º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categorías base (excepto cítricos), certificada, CAC (Conformitas Agraria Communitatis) e estándar.

3º. Viveiros de chantóns de froiteiras e vide das categorías certificadas, CAC e estándar.

4º. Campos de material de reprodución de especies aromáticas e ornamentais.

5º. Campos de plantas nai para a produción de material forestal de reprodución.

6º. Viveiros forestais.

7º. Campos de produción de sementes de especies hortícolas de categorías prebase, base e estándar.

8º. Campos de material de multiplicación de hortalizas.

Artigo 35. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da representación, por calquera medio válido en dereito, se é o caso: un documento que deixe constancia fidedigna da existencia dela. O representante da persoa solicitante poderá ser unha persoa física con capacidade de obrar ou unha persoa xurídica, sempre que isto estea previsto nos seus estatutos.

b) Orzamentos dos investimentos. Así mesmo, cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000,00 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000,00 euros en obras de instalación, a persoa solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

2. No caso de que o operador profesional teña varios lugares de produción, deberá presentar tantas solicitudes e a súa documentación complementaria correspondente, como investimentos en lugares de produción realice.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A presentación da solicitude suporá a autorización para o acceso á información contida no Rexistro de Titularidades Reais previsto na Orde JUS/319/2018, do 21 de marzo, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados á súa publicación, e a cesión de información ao Sistema de fondos europeos, para os efectos de cumprir co previsto no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da súa inclusión nunha base de datos única para os efectos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

5. Así mesmo, a presentación da solicitude supoñerá o compromiso expreso do solicitante, en caso de ser beneficiario final da axuda, de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que os organismos europeos exerzan as súas competencias, de conformidade co artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o artigo 129 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) 1296/2013, (UE) 1301/2013, (UE) 1303/2013, (UE) 1304/2013, (UE) 1309/2013, (UE) 1316/2013, (UE) 223/2014 e (UE) 283/2014 e a Decisión 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) 966/2012.

Artigo 36. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

– Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Concesións de subvencións e axudas.

– Vida laboral da empresa.

– Domicilio fiscal.

– Imposto de actividades económicas (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 37. Investimentos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes investimentos, sempre realizados con posterioridade á presentación da solicitude da subvención:

1. Instalación ou modernización de estruturas e mallas nos sitios ou lugares de produción para quedaren protexidos contra a introdución de insectos vectores de pragas de corentena.

2. Instalación de todas ou algunhas das seguintes infraestruturas adicionais, coa condición de que o resultado final do investimento estableza un sistema de protección eficaz contra insectos vectores de pragas de corentena:

a) Sistema de dobre porta (incluída a porta interior) e con largura suficiente para que se permita a entrada da maquinaria necesaria para operar no interior das instalacións.

b) Implantación dun bordo exterior perimetral de, polo menos, un metro de largo e cuberto con material impermeable.

c) Instalación dunha rede de malla nas aperturas de bandas e cumieiras e ventilación lateral e cenital.

d) Illamento dos canlóns abertos para a auga e implantación dun sistema de non retorno.

e) Illamento hermético nas unións coas xanelas.

f) Calquera outra innovación ou mellora que vaia encamiñada ao illamento do material vexetal contra insectos vectores.

3. Instalacións de equipamentos de tratamentos mediante termoterapia en viveiros de vide.

4. Non se consideran custos elixibles as licenzas, as taxas, os impostos ou os tributos.

Artigo 38. Intensidade máxima e contía da subvención

1. A contía da subvención concederase conforme o investimento realizado, cun investimento máximo subvencionable de 120.000,00 euros por cada instalación. Esta contía poderá variar entre o 40 e o 70 % do importe solicitado para o investimento en función do número de persoas beneficiarias e o orzamento dispoñible.

2. O importe máximo de concesión por investimento subsidiable será de 84.000,00 euros.

Artigo 39. Criterios obxectivos de concesión das subvencións

1. Establécese a seguinte orde de prioridade para as persoas solicitantes da subvención:

a) Produtores de dereito privado de campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e os campos de planta nai de base de cítricos: 3 puntos.

b) Resto de produtores de dereito privado: 2 puntos.

c) Produtores de dereito público: 1 punto.

No caso de empate en puntos, priorizarase por orde de presentación de solicitudes.

2. En virtude do establecido no número anterior, a concesión das subvencións darase en virtude de concorrencia competitiva entre as persoas solicitantes.

Artigo 40. Mecanismo de flexibilidade

1. En virtude do establecido no artigo anterior, en primeiro lugar, concederase a subvención que corresponda ás persoas beneficiarias que teñan o carácter de prioritarias, ata a contía máxima de subvención de 84.000,00 euros por instalación.

2. No caso de que estes importes das persoas beneficiarias prioritarias superen o orzamento dispoñible, poderase:

a) Aplicar o mecanismo de flexibilidade, definido no capítulo V do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, para a transferencia de fondos na mesma liña entre comunidades autónomas ou entre as liñas de axudas de bioseguridade, ou con liñas específicas de cada comunidade autónoma.

b) Se o anterior non for aplicable, a Comunidade Autónoma poderá reducir a porcentaxe da subvención por persoa beneficiaria ata un mínimo dun 40 % por persoa beneficiaria ata axustarse ao devandito orzamento.

3. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, procederase ao pagamento dos importes de subvencións ás persoas beneficiarias sen carácter de prioritarias, ata a citada contía máxima de subvención de 84.000,00 euros por instalación.

4. No caso de que algunha das persoas beneficiarias renuncie total ou parcialmente á subvención, o órgano de concesión acordará a concesión da subvención á persoa solicitante ou solicitantes seguintes a aquela en puntuación, coa condición de que coa renuncia se libere crédito suficiente para atender, polo menos, unha das solicitudes denegadas.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

As axudas recollidas nesta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

• Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

• Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

• Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

• Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088 (Regulamento de taxonomía).

• Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

• Directiva (UE) 2017/1371 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2017, sobre a loita contra a fraude que afecta os intereses financeiros da Unión a través do dereito penal.

• Comunicación da Comisión, sobre as directrices aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais (2022/C 485/01).

• Proposta de Decisión de execución do Consello, relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España, do 16.6.2021, e o anexo da proposta coas reformas e investimentos recollidos no PRTR.

• Lei orgánica 1/2019, do 20 de febreiro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, para traspoñer directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional.

•  Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

• Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

• Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que fornecerán as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

• Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en agricultura, gandería e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a aplicación e o cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file