Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares
de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia
Tribunal titular:
Presidencia:
– María del Carmen Recarey Rey, persoal funcionario do corpo auxiliar de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de clínica.
Secretaría:
– José Manuel González Sanmartín, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Vogais:
–Fernando José Martínez Quindimil, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.
– Marta Lorenzo Carpente, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.
– María Sofía Couselo Lamas, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– María Pilar Ageitos Olveira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.
Secretaría:
– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
Vogais:
– Constantino Modesto Piñeiro Cajete, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.
– Sandra Manuela Cerqueiro Costa, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de terapia ocupacional.