DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 58790

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade ás listas de aspirantes declarados aptos nas probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

De conformidade co disposto na base décima da Resolución do 19 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo (DOG núm. 246, do 28 de decembro), concluídas as citadas probas, a proposta da presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, esta secretaría xeral técnica

resolve:

Dar publicidade á lista de persoas aspirantes declaradas aptas nas probas de aptitude para o acceso á profesión de xestor administrativo, que figura como anexo, de conformidade coa Resolución do tribunal do 25 de setembro de 2023.

Contra a dita resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución. Transcorrido o prazo de tres meses sen resolución expresa, o recurso poderase entender desestimado. A resolución expresa ou presunta do recurso pon fin á vía corporativa e poderá ser impugnada na orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

Elena Muñoz Fonteriz
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

Relación de aspirantes declarados aptos nas probas de aptitude para o acceso á profesión de xestor administrativo

Nome

DNI

1

Gómez Muradás, Eva

***7060**

2

Lema Linares, Francisco José

***0216**

3

Liñares Allo, Noelia

***0446**

4

Pazos Nieto, Lino

***1086**

5

Piñón Domínguez, Adrián

***8075**

6

Portabales Aguete, Vanesa

***1448**

7

Rodríguez Tarrío, Raquel

***6665**

8

Rodríguez-Gigirey Aparicio, Javier

***1660**