DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 59010

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publica a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de promoción interna, convocadas pola Orde JUS/242/2022, do 24 de marzo.

De conformidade co establecido na base décimo novena da Resolución JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo), pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, na base 8.1.a) da Orde JUS/242/2022, do 24 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 30 de marzo), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso, quenda de promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, e mais no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I) que se lles ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso, quenda de promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa, convocado pola Orde JUS/242/2022, do 24 de marzo.

Segundo. As solicitudes de destino deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, na rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do día 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:

a) No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais ofertados. Indicarase o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.

b) Adxudícanse os destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.

c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, destinarase, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.

Cuarto. Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo da súa presentación.

Quinto. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste namentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. Contra a presente resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente no prazo de dous meses, prazos ambos contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO i

Órgano

Función

Localidade

Provincia

Comunidade Autónoma

Nº de prazas

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Tramitacion p.a.

Arzúa

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Tramitacion p.a.

Barco de Valdeorras, O

Ourense

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Tramitacion p.a.

Carballo

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Tramitacion p.a.

Carballo

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Tramitacion p.a.

Corcubión

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Tramitacion p.a.

Corcubión

A Coruña

Galicia

1

Xulgado do Penal número 4

Tramitacion p.a.

Coruña, A

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia número 5

Tramitacion p.a.

Coruña, A

A Coruña

Galicia

1

Xulgado do Mercantil número 1

Tramitacion p.a.

Coruña, A

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Instrución número 1

Tramitacion p.a.

Lugo

Lugo

Galicia

2

Xulgado do Penal número 2 (VSM)

Tramitacion p.a.

Lugo

Lugo

Galicia

3

Servizo Común de Apoio

Tramitacion p.a.

Lugo

Lugo

Galicia

2

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Tramitacion p.a.

Mondoñedo

Lugo

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Tramitacion p.a.

Negreira

A Coruña

Galicia

2

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Tramitacion p.a.

Noia

A Coruña

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM/Rex. Civil)

Tramitacion p.a.

Ordes

A Coruña

Galicia

2

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Tramitacion p.a.

Ordes

A Coruña

Galicia

2

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Tramitacion p.a.

Ponteareas

Pontevedra

Galicia

1

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (Rex. Civil)

Tramitacion p.a.

Ribeira

A Coruña

Galicia

1

Servizo de Apoio

Tramitacion p.a.

Santiago de Compostela

A Coruña

Galicia

2

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Tramitacion p.a.

Sarria

Lugo

Galicia

2

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM)

Tramitacion p.a.

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Galicia

1

ANEXO II

Solicitude de destino para as persoas aprobadas nas probas selectivas convocadas pola Orde JUS/242/2022 do 24 de marzo (BOE de 30.3.2022), quenda de promocion interna, para o ingreso no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza

Tramitación procesual e administrativa. Quenda de promoción interna

Primeiro apelido:..............................................................................

Segundo apelido: .........................................................................

Nome: ..........................................................................................NIF:………………………………

Número de orde do proceso selectivo

Tfno.:

Correo electrónico:

Ámbito territorial no que realizou as probas selectivas:

Destino por orde de preferencia (véxase convocatoria de prazas)

Centro de traballo

Nº de

orde

Órgano

Función

Localidade

Provincia

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

35

36

37

38

39

40

41

42

43

44

45

46

47

48

49

50

51

52

53

54

55

56

57

58

59

60

61

62

63

64

65

66

67

68

69

70

71

72

73

74

75

76

77

78

79

80

81

82

83

84

85

86

87

88

89

90

91

92

93

94

95

96

97

98

99

100

Nºde

orde

Órgano

Localidade

Provincia

Función

(Se necesita máis páxinas, faga copias desta)

O solicitante CONSENTE que o centro xestor do proceso de adxudicación de destino acceda ás bases de datos das administracións, con garantía de confidencialidade e para os exclusivos efectos de facilitar a verificación dos datos de identificación persoal, o número de orde obtida na oposición e ámbito territorial de realización das probas selectivas consignados nesta instancia.

 En caso de non consentir, marque o recadro. Neste caso deberá achegar a documentación acreditativa, todo isto nos termos e prazos previstos nas bases da convocatoria e no resto de normativa vixente.

..........................................., ....... de .............................. de 2023

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

SERVIZO DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

R/ Madrid, 2-4, planta 2ª

15781 Santiago de Compostela