DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 60163

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Enfermaría de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria de vacantes de académicos de número e correspondentes da Corporación.

A Xunta de Goberno da Academia de Enfermaría de Galicia, en uso das facultades que ten atribuídas na disposición transitoria segunda dos seus estatutos (DOG núm. 199, do 17 de outubro de 2013), na súa reunión do día 19 de xullo de 2023, acordou anunciar, co fin de cumprir as previsións estatutarias contidas no ordinal 4º da dita disposición, a preceptiva convocatoria de sete vacantes de académicos de número e dezaoito vacantes de académicos correspondentes. As bases da convocatoria pódense consultar na web da Academia de Enfermaría de Galicia (https://academiaenfermariagalicia.org/).

Lugo, 2 de outubro de 2023

Isidoro Rodríguez Pérez
Presidente