DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60181

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 19 de outubro de 2023 pola que se aproban a relación de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir as estadías en prazas de establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2023.

No Diario Oficial de Galicia núm. 177, do 18 de setembro de 2023, publícase a Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e axudas para o ano 2023, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS607A).

O número de estadías convocadas destínase a 1.204 prazas e a súa distribución por establecementos balnearios figura no anexo V da convocatoria.

A resolución correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, segundo o disposto no artigo 16.1 da dita orde.

De conformidade co disposto no artigo 16.3, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións e os actos administrativos que afecten as persoas interesadas. Non obstante, e tendo en conta que a publicación destes actos poden lesionar dereitos e intereses lexítimos das persoas solicitantes, publicarase na páxina web da Consellería (http://politicasocial.xunta.gal) unha listaxe cos resultados da adxudicación e da lista de espera, consonte coa cautela establecida no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación da Resolución do 19 de outubro de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas nos balnearios e quendas mencionados para o ano 2023 que figuran no anexo I desta resolución.

Ao abeiro da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia as persoas interesadas poderán consultar a dita Resolución do 19 de outubro de 2023 cos resultados da adxudicación e da lista de espera na páxina web que se indica: http://politicasocial.xunta.gal

Segundo. A adxudicación de prazas vacantes con posterioridade á resolución realizarase, se é o caso, conforme o disposto no artigo 20 da orde de convocatoria.

Terceiro. A concesión da praza adxudicada queda condicionada á obriga por parte das persoas beneficiarias de confirmar por escrito a súa aceptación xunto co xustificante de pagamento da cantidade de 30 euros que, en concepto de reserva, se deba facer efectiva no balneario asignado no prazo indicado na resolución de concesión.

Cuarto. A Resolución do 19 de outubro de 2023 pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao do final do prazo de dez días establecido no punto primeiro, ou impugnala directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao do prazo de dez días mencionado, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

ANEXO I

Prazas nos balnearios e quendas para o ano 2023

Destinos

Datas e quendas

Número de

estadías

adxudicadas

Balneario de Acuña (Caldas de Reis)

Do 8 ao 17 de novembro

10

Do 17 ao 26 de novembro

10

Do 26 de novembro ao 5 de decembro

30

Arnoia Caldaria Hotel Balneario (A Arnoia)

Do 26 de outubro ao 4 de novembro

30

Do 2 ao 11 de novembro

30

Iberik Augas Santas Balneario (Ferreira de Pantón)

Do 6 ao 15 de novembro

24

Do 13 ao 22 de novembro

24

Do 20 ao 29 de novembro

24

Do 27 de novembro ao 6 de decembro

24

Do 11 ao 20 de decembro

24

Os Baños da Brea (Vila de Cruces)

Do 23 de outubro ao 1 de novembro

15

Do 4 ao 11 de novembro

15

Do 16 ao 25 de novembro

15

Do 28 de novembro ao 7 de decembro

15

Iberik Gran Balneario Guitiriz (Guitiriz)

Do 22 ao 31 de outubro

16

Do 5 ao 14 de novembro

16

Do 12 ao 21 de novembro

18

Balneario Hotel Dávila (Caldas de Reis)

Do 8 ao 17 de novembro

10

Do 20 ao 29 de novembro

40

Gran Balneario do Carballiño (O Carballiño)

(con aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño)

Do 15 ao 24 de novembro

60

Do 25 de novembro ao 4 de decembro

60

Baños Vellos de Carballo (Carballo)

Do 23 de outubro ao 1 de novembro

28

Do 4 ao 13 de novembro

18

Do 16 ao 25 de novembro

18

Do 27 de novembro ao 6 de decembro

18

Do 7 ao 16 de decembro

30

Termas de Cuntis (con aloxamento no Hotel Castro do balneario)

Do 23 de outubro ao 1 de novembro

32

Do 2 ao 11 de novembro

20

Do 4 ao 13 de novembro

10

Do 8 ao 17 de novembro

12

Do 11 ao 20 de novembro

26

Do 19 ao 28 de novembro

16

Do 20 ao 29 de novembro

36

Laias Caldaria, Hotel Balneario (Cenlle)

Do 27 de novembro ao 6 de decembro

50

Lobios Caldaria (con aloxamento no Hotel Balneario)

Do 30 de outubro ao 8 de novembro

25

Lobios Caldaria (con aloxamento no Hotel Lusitano)

Do 30 de outubro ao 8 de novembro

25

Hotel Balneario de Compostela (Brión)

Do 10 ao 19 de decembro

50

Balneario do Río Pambre (Palas de Rei)

Do 6 ao 15 de novembro

40

Balneario Termas de Lugo (Lugo)

Do 23 de outubro ao 1 de novembro

24

Do 2 ao 11 de novembro

24

Do 11 ao 20 de novembro

24

Do 21 ao 30 de novembro

24

Do 1 ao 10 de decembro

24

Balneario de Mondariz (Mondariz Balneario)

Do 23 de outubro ao 1 de novembro

8

Do 1 ao 10 de novembro

30

Do 15 ao 24 de novembro

20

Do 26 de novembro ao 5 de decembro

12

Do 27 de novembro ao 6 de decembro

30

Do 10 ao 19 de decembro

20