DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60352

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade (código de procedemento PR461E).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para o ingreso nunha praza de vixilante municipal no Concello de Rábade mediante a Orde do 6 de xuño de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 112, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, do 14 de xuño de 2023, e de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 6 de xuño de 2023, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 19 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal

• Tribunal titular:

Presidenta: Amara García Senín, fiscal na Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mercedes Gayoso Gómez, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

Vogais:

– Maximino García Vázquez, oficial do corpo da policía local do concello de Ames.

– Mónica Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública.

– Begoña del Río Martínez, policía local do corpo de policía local do concello de Santiago de Compostela.

• Tribunal suplente:

Presidenta: María del Carmen Rebolledo Olmedo, fiscal na Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Luís Castedo Balsa, xefe do Servizo de Formación en Emerxencias.

Vogais:

– Juan José Lemos González, policía do corpo da policía local do concello de Ames.

– Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

– Estefanía Puga Torres, policía local do corpo da policía local do concello de Santiago de Compostela.