DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60498

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de outubro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data para a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a da Sección de Inmunoloxía.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e de acordo co establecido na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG nº 103, do 29 de maio) e pola Orde do 13 de maio de 2022 (DOG nº 102, do 30 de maio), a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, mediante o procedemento de avaliación colexiada, dun posto de xefe/a da Sección de Inmunoloxía.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán dirixirse á Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, e poderán presentarse no Rexistro do Hospital Universitario da Coruña (edificio do Hotel de Pacientes, As Xubias de Arriba 84, 15006 A Coruña), así como a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na páxina web do Espazo do Profesional da Área Sanitaria da Coruña e Cee.

A Coruña, 23 de outubro de 2023

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee