O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15 da orde de convocatoria, as resolucións administrativas publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://www.cultura.gal
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432A.770.01 do procedemento CT221A para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades celebradas no sector do libro no ano 2023.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades
ANEXO
Entidade beneficiaria |
Ámbito xeográfico solicitado |
Importe axuda |
Creotz Ediciones, S.L. |
– Guadalajara (México) – La Habana (Cuba) |
1.600,00 € 1.600,00 € |
Kalandraka Editora, S.L. |
– Frankfurt (Alemaña) – Guadalajara (México) |
900,00 € 1.600,00 € |
Editorial Bululu, S.L. |
– Madrid – Guadalajara (México) |
500,00 € 1.600,00 € |
Edicións Laiovento, S.L. |
– Madrid |
500,00 € |