DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases do proceso selectivo para cubrir unha vacante de enxeñeiro/a de camiños, canles e portos (oferta de emprego público de 2022).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 200, do 19.10.2023, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de enxeñeiro/a de camiños, canles e portos, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, mediante oposición libre.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 19 de outubro de 2023

Juventino José Trigo Rey
Alcalde