DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60478

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023 pola que se modifica o anexo da Resolución do 10 de outubro de 2023 en que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de acceso por promoción interna nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (Diario Oficial de Galicia número 199, do 19 de outubro).

A base segunda da Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo, por promoción interna e proceso de mobilidade, nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (DOG núm. 86, do 5 de maio) sinala que «as persoas interesadas en participar no proceso de acceso por promoción interna deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal funcionario os seguintes requisitos», que se enumeran.

Así mesmo, a base cuarta establece que o feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar nos procesos.

Tendo en conta o indicado con anterioridade e o cambio profesional acaecido durante a tramitación deste proceso,

RESOLVO:

Modificar o anexo da Resolución do 10 de outubro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia, con data do 19 de outubro, e engadir na listaxe de persoas excluídas por non manter os requisitos establecidos na base segunda da Orde do 19 de abril de 2023 pola que se convocaba este proceso a:

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

***3221**

Boquete

Vidal

Felipe

***7506**

Fernández

Rodríguez

Alexandre

A Estrada, 24 de outubro de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública