DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60694

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 29 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 13 de xullo).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 29 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 133, do 13 de xullo) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 14 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no seu artigo 12.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 23 de outubro de 2023 pola comisión de valoración establecida no artigo 11 das bases da Resolución do 29 de xuño de 2023, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:

Nº expediente administrativo

Entidade beneficiaria

NIF

Acrónimo

Importe axuda 2023

Importe axuda 2024

Total axuda (€)

IN845A-1

Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción de Galicia

G36871424

Ctag

551.492,28

551.492,28

1.102.984,56

IN845A-2

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas Pescados y Mariscos - Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca

G36625309

Anfaco- Cecopesca

368.834,53

368.834,53

737.669,06

IN845A-3

Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética

G27719913

Energylab

170.350,21

170.350,21

340.700,42

IN845A-4

Clúster da Acuicultura

G36884260

Cetga

215.962,22

215.962,22

431.924,44

IN845A-5

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste - Centro Tecnolóxico Aimen

G36606291

Aimen

482.892,30

482.892,30

965.784,60

IN845A-6

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

G70302427

Cetim

346.657,03

346.657,03

693.314,06

IN845A-7

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

G36997229

Gradiant

482.869,64

482.869,64

965.739,28

IN845A-8

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

Itg

310.099,89

310.099,89

620.199,78

IN845A-9

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua

G70312020

Cetaqua

170.841,90

170.841,90

341.683,80

2. O importe total das axudas concedidas para un marco temporal de 2 anos finánciase con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

2023

2024

Importe total

05.A2.561A.781.0

3.100.000,00

3.100.000,00

6.200.000,00

3. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 21 da Resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 22.

4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación