En sesión que tivo lugar o 30 de outubro de 2023, o tribunal nomeado por Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6.da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 19 de novembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, no salón de actos, e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2023
Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal