DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 60864

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 6243-2023 contra os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 24 de outubro de 2023, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 6243-2023, promovido polo presidente do Goberno, contra os artigos 10 e 11 e a disposición transitoria primeira da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. E faise constar que o presidente do Goberno invocou o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso -28 de setembro de 2023-, para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, 24 de outubro de 2023

Alfonso Pérez Camino
Secretario de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional