DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61114

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (óptica e optometría), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 23 de agosto de 2023 (DOG do 5 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (óptica e optometría), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 28 de setembro de 2023 (DOG do 6 de outubro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 11 de decembro de 2023, ás 11.00 horas, na sala de xuntas da Facultade de Óptica e Optometría (rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2), en Santiago de Compostela. Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor