Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, nos concellos de Padrón e Rois (expediente IN407A 2010/268-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 26 de outubro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2010/268-1.
Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.
Concello: Padrón.
| Predio | Titularidade proposta | Referencia catastral | 
| 69 | García Miñón, Serafina. Hros. de García Mirón, Josefa (catastro) | 15066A02400283 | 
| 79 | Riveiro Parada, Flora (catastro) | 15066A02400404 | 
| 79 | Luis, Hros. Salvador, Josefina María Lourdes, María, Benedicta Louzao Riveiro | 15066A02400404 | 
| 103 | Comunidade Veciñal Foratoria do Monte Pedroso. O Coto Rodado dos Pedrosos | 15066A02500048 | 
Concello: Rois
| Predio | Titularidade proposta | Referencia catastral | 
| 449 | Pais Lago, Manuel | 15075A14700296 | 
| 541 | Barreiro, Concepción | 15075A14300451 | 
| 665 | Mato Escalona, Francisco | 15075A14200032 | 
| 676 e 684 | Hros. de Gosende Angueira, Amelia | 15075A14200024 | 
| 748 | Hros. de Aido Reiriz, María | 15075A14000112 | 

