Con data do 2 de novembro de 2023, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que se somete a información pública, ao abeiro do punto 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, durante un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto ao que se refire este anuncio.
Durante o citado prazo, as persoas interesadas que o consideren oportuno poderán formular por escrito, ante a Dirección Xeral de Mobilidade, cantas alegacións consideren oportunas.
A documentación completa do proxecto de explotación clave XG635 e título A Coruña-Lugo-A Mariña, con anexos estará á disposición de todas as persoas interesadas, no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/mobilidade
O que se fai público para o seu coñecemento xeral.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade