DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62246

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos, polos sistemas de concurso e concurso-oposición, para a estabilización do emprego temporal, correspondentes ás prazas incluídas na oferta de emprego público de 2022.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña número 245, do 28 de decembro de 2022, e número 18, do 26 de xaneiro de 2023, publicáronse integramente as bases xerais e específicas aprobadas pola Resolución 2305/2022, do 22 de decembro de 2022, da concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos, reguladoras das convocatorias dos procesos selectivos, para a estabilización do emprego temporal do Concello de Cambre correspondentes ás prazas de aparellador, axente de desenvolvemento local, enxeñeiro técnico industrial, conserxe e dúas de operario de servizos, incluídas na oferta de emprego público de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nestes procesos selectivos será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 4 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía 1171, do 4.7.2023)
María Dolores Pan Lesta
Concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Réxime Interior