DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 10 de novembro de 2023 Páx. 62249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos dentro do procedemento extraordinario de estabilización de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 299, do 31.12.2022, publícase a aprobación das bases xerais e específicas para a provisión de postos mediante o proceso extraordinario de estabilización e consolidación de emprego de carácter temporal de 2022, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, relativas ás seguintes convocatorias:

– Once prazas de auxiliar de axuda a domicilio do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

– Catro prazas de limpador/a do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Pereiro de Aguiar, 6 de outubro de 2023

Luis Menor Pérez
Alcalde