DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63041

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 8 de novembro de 2023 polo que se fai pública a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes que resultaron admitidas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Anúnciase a publicación da Resolución do 8 de novembro de 2023, da comisión de selección, pola que se aproba e se fai pública a baremación definitiva dos méritos acreditados polas persoas aspirantes admitidas na convocatoria do día 23 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de titulado/a superior (grupo I) e de auxiliar administrativo/a (grupo IV) da entidade instrumental Fundación Galicia Europa.

A resolución pode consultarse no portal web corporativo da Fundación Galicia Europa, no enderezo https://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2023

Mar Rodríguez Mediavilla
Presidenta da Comisión de Selección