DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 62759

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 6521-2023 contra diversos preceptos da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 6 de novembro de 2023, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 6521-2023, promovido polo presidente do Goberno, contra os seguintes preceptos da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia: artigo 1, número 2, letras d) e g); artigo 2, números 1 e 2; artigo 3, alínea a); artigo 11, número 1, inciso «e a loita contra a contaminación mariña», en cuanto se refira ás verteduras mar-mar, número 4, letra b) e número 5, letras a) e b); artigo 12, números 2 e 5; artigo 21, número 1, letras d) e e); artigo 22, números 1 e 2, letras a), b), c) e d), en todo aquilo que se refira á pesca marítima en augas exteriores; artigo 23, número 2, letras d), g), i) e m); artigo 24, número 3, letras c), e) e f); artigo 25, número 1, letras a), b), c) e d) (en relación coa alínea d), no que se refire ás facultades reservadas ao Estado en razón da súa competencia exclusiva en materia de mariña mercante); artigo 27, número 3, letra c); artigo 29, número 1; artigo 34, número 2, letras a) e b) e número 3; artigo 35, número 2, letras a), b) e c) e número 3; artigo 36, número 2, letras a), b) e c); artigo 40, números 2 e 3; artigo 41, número 2, letras a), b), c) e d) e número 3; artigo 46, número 2, número 3, letras a) e b) e número 5, inciso «Os bens cedidos serán destinados a fins de uso ou servizo público»; artigo 48, números 1, 3, 4 e 5; artigo 49, número 1, inciso «agás que estean suxeitos a unha declaración responsable de acordo co disposto na alínea seguinte» e números 2, 3 e 4; artigo 52; artigo 53, número 1, inciso «todos os títulos de intervención requiridos pola normativa vixente» e números 3 e 4; artigo 55, número 2; artigo 57, número 3; artigo 58, número 3, segundo parágrafo, inciso final «Ata a subscrición do convenio, correspóndelle á persoa titular do ben cumprir as obrigas derivadas da lexislación do patrimonio cultural»; artigo 59, número 2, inciso «e terá a obriga de asegurar en todos os instrumentos de ordenación mariña do litoral previstos nesta un réxime de zonificación e uso que garanta o acceso e a permanencia das embarcacións galegas aos caladoiros cuxa regulación sexa da súa competencia»; artigo 60, número 3; artigo 62, número 5, inciso «Cando o outorgamento do título de ocupación lle corresponda á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia conforme o previsto no artigo 48»; artigo 64, número 3; e disposición derradeira primeira e disposición derradeira quinta, inciso «agás o establecido no artigo 48.1 respecto do exercicio das competencias autonómicas para o outorgamento das autorizacións e concesións do dominio público marítimo-terrestre, do que a entrada en vigor queda supeditada á publicación do real decreto de traspasos de funcións e servizos da Administración xeral do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia». E faise constar que o presidente do Goberno invocou o art. 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos concretos preceptos e incisos impugnados, desde a data de interposición do recurso -11.10.2023- para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial del Estado para os terceiros.

Madrid, 6 de novembro de 2023

Alfonso Pérez Camino
Secretario de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional