DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 14 de novembro de 2023 Páx. 63027

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO referente á convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura dunha praza de policía local por mobilidade.

Resolución número 2989/2023, do 3 de outubro de 2023, do Concello de Arteixo (A Coruña), referente á convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura dunha praza de policía local por mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 194, do 3 de outubro de 2023, publicáronse integramente as bases que deberán rexer a convocatoria do proceso de provisión, polo procedemento de concurso, dunha praza de policía local en quenda de mobilidade, persoal funcionario do Concello de Arteixo, incluída na OEP 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 10 de outubro de 2023

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente