DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto/a, pertencente á oferta de emprego de 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña con núm. 203, do 24 de outubro de 2023, publícanse as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 1717/2023, do 2 de outubro de 2023, relativa á seguinte convocatoria:

Unha (1) praza de arquitecto/a, grupo A, subgrupo A1, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.

Betanzos, 24 de outubro de 2023

María Barral Varela
Alcaldesa