DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO das bases para a provisión, polo procedemento de concurso, do posto de traballo de xefatura da Sección de Promoción Cultural e Turística.

No BOP número 198, do 17 de outubro de 2023, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso, da xefatura da Sección de Promoción Cultural e Turística.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O anterior faise público para coñecemento xeral.

Ferrol, 17 de outubro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía-Presidencia do 19.6.2023; BOP do 27.6.2023)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira de Facenda, Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística