DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 15 de novembro de 2023 Páx. 63193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO da convocatoria do proceso de selección, por concurso oposición, de persoal funcionario interino bibliotecario/a-arquiveiro/a, por substitución transitoria da persoa titular.

Mediante Resolución da Alcaldía do Concello de Laxe do 6 de novembro de 2023 aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de bibliotecario/a-arquiveiro/a, por substitución transitoria da persoa titular.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 215, do 10 de novembro de 2023, publicáronse integramente as bases desta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP núm. 215).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Laxe, 10 de novembro de 2023

José Luis Pérez Añón
Alcalde