DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 16 de novembro de 2023 Páx. 63342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira das prazas de estabilización incluídas na oferta de emprego 2022.

Expediente: 1.345/2023.

Nomeamento de funcionarios/as de carreira das prazas de estabilización incluídas na oferta de emprego 2022.

Mediante o Decreto da Alcaldía número 2023-0619, do 2 de outubro de 2023, o Concello de Pazos de Borbén resolveu o seguinte:

Nomear como funcionarios de carreira as persoas que a seguir se relacionan, de acordo coa oferta de emprego público de 2022 (publicada no BOP nº 97, do 23 de maio de 2022) e coas bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 582/2022, do 17 de novembro de 2022 (publicadas no BOP nº 228, do 29 de novembro de 2022, así como no DOG nº 246, do 28 de decembro de 2022 e no BOE nº 301, do 16 de decembro de 2022), e con efectos da toma de posesión:

– Rocío Comesaña Campos, DNI ***0734**: auxiliar administrativo. Grupo C. Subgrupo C2.

– Estefanía Couñago Míguez, DNI ***7054**: subalterno-auxiliar. Grupo AP.

– María Isabel Fragueiro Piñeiro, DNI ***9769**: técnico medio-AEDL. Grupo A. Subgrupo A2.

– Raquel García Calviño, DNI ***9050**: traballadora social. Grupo A. Subgrupo A2.

A resolución íntegra poderá consultarse no taboleiro de anuncios do Concello na páxina web: https://pazosdeborben.sedelectronica.gal

Pazos de Borbén, 6 de outubro de 2023

Xosé Luciano Otero Camiña
Alcalde